VIALIA
bannerPicnicSesions

Os premios Maketón celebran 20 anos cunha gala en streaming

Este venres 18 ás 20:30 terá lugar a gala de entrega dos Premios Maketón, os Grammy’s da música local. Ao estaren pechadas as salas de concertos, o evento terá lugar na Sala Ártika, aínda que por motivos de sobra coñecidos só poderá seguirse en liña a través do streaming que teñen preparado. Queres coñecer aos artistas nominados?

dani (Daniela Costas) actuará na gala, ademais de estar nominada á Mellor Disco | Silvia Coca

Os Premios Maketón, organizados por Radio Vigo e patrocinados por Maeloc, celebran a súa 20º edición. Unha iniciativa que naceu alá polo ano 2000 cun concerto de Tony Lomba & Elio dos Santos na xa desaparecida Sala Sete Mares. Este ano, debido á normativa vixente, a gala non poderá ser nunha sala de concertos, senón na Sala Ártika (Avenida Beiramar 113), este venres 18 ás 20:30.

A este acto só poderán acudir os artistas nominados, pero poderá seguirse en streaming a través de Televigo e das redes sociais de Radio Vigo, onde poderemos gozar das actuacións de dani e de Eladio y los Seres Queridos. O músico Pablo Lesuit é o único que repite nominación, tanto en Mellor Disco como en Mellor Videoclip. A continuación deixámosvos os nominados en cada unha das categorías:

MELLOR DISCO AUTOEDITADO

MOON CRESTA: “Civil Fuzz Brigade”. The Fish Factory
SONDARÚA: “Eterno Combate”. SonDaRúa
AMARO FERREIRO: “Personajes Secundarios” Amaro Ferreiro
APHONNIC: “La Reina”. Maldito Records-Aphonnic
MARTÍN MAEZ: “Hábitat” Rock CD

MELLOR DISCO

ISIUS: “Fox and Castle”. ERNIE Records
SEN SENRA: “Sensaciones”. SONIDO MUCHACHO
PABLO LESUIT: ”Belorizonte”. ESMERARTE E Warner Chappel Music Spain
THE KILLER BARBIES: “Vive Le Punk”. LA IGUANA Records E Altafonte
dani: “Veinte”. EL VOLCÁN MÚSICA

MELLOR DIRECTO

THE SOUL JACKET
BASANTA
BABYKATZE
STONED AT POMPEii
INDY TUMBITA & THE VOODOO BANDITS

MELLOR PRODUTOR

PABLO IGLESIAS. ( RADAR Estudios)
CÉ TOMÉ aka Mister Choco. (HIFI-WIFI)
PACO SERÉN. (ECLIPSIS CenStudio)
SETE SOUSA
ROYCE ROLO. (BANANA BAHIA MUSIC)

MELLOR VIDEOCLIP

REVISTA ABRIL

XOANA: “Un Salvavidas”. ( Dirixido por Andreia Táboas de SIETE GATOS BLANCOS)
PRESUMIDO: “Encerrados”. (Dirixido por Presumido e Sac Barrios)
PABLO LESUIT: “La Noche”. (Dirixido por Xaime Miranda)
VILLANUEVA : “Otros 15 segundos”. (Dirixido por Josete Villanueva e Felix Espejo).
TREINTEAÑERAS CAÑERAS: “Balconazis”. (Dirixido por Paco Serén).

PREMIO Á TRAXECTORIA MUSICAL

TEO CARDALDA
OS RESENTIDOS
BERNARDO VÁZQUEZ
ALBERTO CUNHA
TONO ALCALDE