CASAACUNHA

Os museos celebran a súa noite máis longa con actividades e concertos

Os museos e os centros culturais de Vigo abren as súas portas o venres 13 de agosto desde ás oito da tarde ata á unha de mañá nunha xornada especial chea de cultura e música. A Noite Branca reúne actividades destinadas a todos os públicos para saborear o patrimonio galego en nove edificios diferentes da cidade.

A nova edición de A Noite Branca aterriza en Vigo o venres 13 de agosto para achegar á pobacion as obras e exposicións dos museos acompañadas de actividades para todos os públicos como concertos, visitas guiadas e obradoiros. Os horarios das salas e museos amplíanse desde ás oito da tarde ata á unha da mañá nunha xornada marcada pola covid e as normativas sanitarias de seguridade. Os nove espazos incluídos no proxecto contan con aforo limitado e entrada de balde para as exposicións e actividades.

PAZO – MUSEO MUNICIPAL QUIÑONES DE LEÓN

O museo ubicado no Parque de Castrelos conta cunha exposición arqueolóxica, unha recreación do pazo galego e unha colección de pinturas antigas e artes decorativas. Ás oito da tarde o público poderá asistir a unha visita guiada de balde en galego ou castelán polos xardíns históricos do pazo cunha duración de 45 minutos. O aforo das salas é limitado, así como a visita guiada, que será completada por orde de chegada en grupos de 20 persoas.

O pazo ofrece ademais ás 21.00h o concerto Sonoridades. música na encrucillada de Dous e o Grupo 1500 de Música Antiga no adro de pedra do xardín dianteiro do Pazo de Castrelos. O concerto conta cunha duración estimada de 60 minutos e entrada de balde ata completar capacidade do espazo con cadeiras.

PINACOTECA FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO

O edificio situado na rúa Abeleira Menéndez ofrece dúas exposicións ao seu público nas diferentes plantas. A obra Dentro e fóra (achegamento á representación do espazo na plástica galega contemporánea) ocupa a planta baixa e a primeira. Xa na terceira, está dispoñible A Nova Colección Colmeiro, con obras do famoso artista. O aforo das salas é limitado e será completado por orde de chegada.

Ás 22.00h terá lugar o concerto de Susana Blanco na segunda planta con música clásica e contemporánea da man dunha das principais especialistas do chelo en Galicia. O concerto conta cunha duración estimada de 40 minutos e entrada de balde ata completar a capacidade do espazo con cadeiras.

CASA DAS ARTES

O principal centro de exposicións programadas da cidade conta con coleccións temporais e permanentes acompañadas de performances e visitas guiadas. Na planta baixa o público pode visitar a exposición Unha xeografía atormentada do artista plástico Javier Teniente e a colección permanente Luis Torras na segunda planta. Por último, situada na terceira e última planta, a Casa das Artes ofrece as exposicións Fundación Laxeiro e a nova Recordoleterlorintorel.

Os visitantes poderán gozar dunha visita guiada á Fundación Laxeiro ás 21.00h e 23.00h en grupos de dez persoas. Ademais, ás 20.30h, 22.00h e 23.00h, o público poderá presenciar a performance Xeografía dos corpos de Ánxela Blanco e Simone Romanó en pases de 20 minutos. A actividade conta con aforo limitado e reserva previa de entradas.

As reservas realizaranse entre o martes 10 e o propio venres 13 de agosto, mentres haxa dispoñibilidade, de luns a venres dende as 10.00h – 14.00h e as 17.00h e 20.00h. Tamén poden solicitarse por teléfono 986 240 130 / 619 948 920 ou vía mail reservas.aprmvigo@gmail.com.

CASA GALEGA DA CULTURA

O edificio galego recolle as exposicións Imposible! Vestidos especulativos e Museo Francisco Fernández del Riego nas súas instalacións. Conceptos como fogar, nomadismo, protección ou outredade ensámblanse no traballo dos artistas a través das pezas presentes nestas exposicións, cunha sensibilidade que reflexiona sobre o corpo como provedor de identidades.

VERBUM – CASA DAS PALABRAS

Situada na Avenida de Samil, o espazo ofrece ao público a exposición permanente Verbum Creativo, catro obradoiros de escritura e música e os concerto de Carla Lourdes e Red Duck Blues na Azotea Verbum.

Obradoiro de Lettering Vigo inspira. Clase práctica no que coñecer diferentes caligrafías, técnicas, ferramentas e elementos ornamentais da man da deseñadora Mónica Martínez. Aforo máximo de 12 persoas por seesión. Horario: 20.00h – 21.15 h / 21.45h – 23.00 h / 23.30h – 00.30 h.

Obradoiro de Danza e Movemento. Aprendizaxe de movementos de diferentes estilos para formar unha coreografía conxunta pola bailarina e coreógrafa Olalla Cereijo. Aforo máximo de 15 persoas por sesión. Horario: 20:30-21:15 h / 21:45-22:30 h / 23:00-23:45 h.

Obradoiro de Voz e Coro. Nocións teóricas sobre a voz e organización e actuación das voces dos asistentes segundo o seu rexistro pola cantante e directora de coro Sabela Cereijo. Aforo máximo de 15 persoas por sesión. Horario: 20:15-21:15 h / 21:45-22:45 h / 23:15-24:15 h.

Obradoiro de audio e música. Peza sonora para os asistentes e explicación e oportunidade de crear a túa propia peza musical por Charlee e Jesús Andrés. Aforo máximo de 10 persoas por sesión. Horario: 20:00-20:30 h / 21:00-21:30 h / 22:00-22:30 h.

A exposición é apta para todos os públicos e precisa de inscrición previa. As reservas realizaranse entre o martes 10 e o propio venres 13 de agosto, mentres haxa dispoñibilidade, de luns a venres dende as10.00h – 14.00h e as 17.00h e 20.00h. Tamén poden solicitarse por teléfono 986 240 130 / 619 948 920 ou vía mail reservas.aprmvigo@gmail.com.

O concerto da cantante pop Carla Lourdes comeza ás 22.00h e conta cunha duración estimada de 45 minutos e aforo limitado. O grupo Red Duck Blues actuará ás 23.30h, en ambos casos a entrada é de balde e o aforo será completado por orde de chegada.

XACEMENTOS ARQUEOLÓXICOS

Os vigueses poden disfrutar de visitas guiadas ao xacento arqueolóxico do Castro ás 19.00h e 20.00h. Cada pase conta cun máximo de 20 persoas. É necesario unha inscrición previa para reservar entrada no 010 aportando os nomes e apelidos, o DNI e o número de teléfono.

Ás 21.00h terá lugar o concerto de Mar de Fado no mirador que hai enriba do Monumento á Batalla de Rande, no Parque do Castro. A duración aproximada da actuación é de 50 minutos con entrada de balde ata completar o aforo por orde de chegada.

Ademais, o Centro de Interpretación do Mundo Romano da Vila romana de Toralla ofrece recreacións históricas do mundo romano en diferentes horarios. Os catro pases contan cun aforo máximo de 50 persoas e necesidade de inscripción previa ao 010 (nome e apelidos, DNI e número de teléfono). Pases: 20:00 h, 21:00 h, 23:00 h e 00:00 h.

MARCO

O Museo de Arte Contemporánea de Vigo ofrece ao seu público as exposicións A mirada acesa de Din matamoro, Música das formas de Glenda León e 4 Proxectos de Mónica Alonso, Rosendo Cid, Salvador e Juan Cidrás e Mar Vicente nas súas instalacións. Levaranse a cabo seis visitas guiadas na planta baixa e o primeiro andar do edificio. Horario:12:00h, 18:00h, 20:00h, 21:00h, 22:00h e 23:00h.

Nas proximidades do MARCO varios artistas darán concertos ao aire libre.

Costa Escura e Silvia Penas ás 23.00h na terraza da Praza do Progreso con música experimental e emocións sonoras e musicais. O concerto conta cunha duración estimada de 45 minutos e aforo limitado completado por orde de chegada.

Eladio & Uka ás 24.00h na Rúa Londres, detrás do MARCO con música pop, rock e indie. O concerto conta cunha duración estimada de 50 minutos e aforo limitado completado por orde de chegada.

MUSEO LISTE

Ás 20:00 h terán lugar os paseos guiados á exposición permanente e temporal Ilustradas cunha duración de 60 minutos. Ás 23:30 h a visita Transitar onte para camiñar hoxe fará un epecial percorrido polas obras do proxecto (A) Pegadas na compaña das artistas participantes. Paralelamente, a visita A sostibilidade na tradición fará un recorrido guiado de 60 minutos pola exposición permanente cun discurso no que analizar o uso responsable dos recursos na sociedade tradicional. Todas as actividades terán o aforo limitado pero non se admiten reservas, as prazas subriranse por orden de chegada.

O concerto de Polonio & Electra comezará ás 22.00h con música e pintura feminista ad hoc. Esta performance e proxecto experimental conta cunha duración estimda de 60 minutos e entrada de balde sen reserva previa con aforo limitado según a orde de chegada. A actividade realizarase no exterior, polo tanto está suxeita á climatoloxía.

MUSEO DO MAR DE GALICIA

Banner A Movidiña

O edificio situado na Avenida Atlántida amplía o seu horario ata ás 00.00 horas. Apertura de balde dos 2 edificios principais (acuario pechado). O museo ofrece o concerto do grupo Mombio con música pop, rock e folk ás 20.00h e o espectáculo familiar Camiño de aventuras de Títeres Cachirulo ás 20.30h. Ambas actividades son de balde e precisan reserva previa a través do teléfono 986 247 750 de martes a domingo (11:00h -14:00h) ou vía mail info.museodomar@xunta.gal.

Se queredes máis información sobre cada unha das exposicións podedes consultar a nosa Axenda de arte e museos.

CALENDARIO DE EVENTOS DA NOITE BRANCA 2021