REVISTA MARZO

Os mellores plans para gozar do Entroido en Vigo

Descubre todo o que Vigo ten preparado para este Entroido: concursos de disfraces, concertos, comparsas, maxia e moito máis! Aquí tes algúns dos plans máis interesantes para estas datas.

Actividades do Concello

O Concello de Vigo programa numerosas actividades para este Entroido, entre as que destacan o concerto de Fillas de Cassandra o venres 28 ás 22:00 h na Porta do Sol, o desfile de comparsas o sábado 1 ás 18:00 h desde Isaac Peral, a chocolatada e actividades infantís o domingo 2 ás 17:00 h na Porta do Sol, o concurso de disfraces o martes 4 ás 17:00 h na Porta do Sol ou as exequias funerarias e a comitiva fúnebre do mércores 5 polo centro da cidade.

Co seu rechamante traxe e unha actitude moi pícara, este personaxe local sobe e baixa por todo o centro da cidade, desde O Berbés ata a Porta do Sol, deixando un rastro de travesuras ao seu paso. É algo que sucede todos os anos desde moito tempo atrás, salvo pola prohibición que deixou sen o seu querido protagonista ao Entroido de Vigo alá polos anos 20. A Asociación Etnográfica A Merdeira encargouse de revivir esta tradición, e así un ano máis volverá animar aos vigueses e viguesas. A primeira das súas saídas terá lugar o venres 28 de febreiro desde ás 17.30 h. A segunda producirase o domingo 2 de marzo ás 11:30 h e ás 17:30 h. Finalmente, a última saída terá lugar o martes 4 de marzo nos memos horarios que a anterior.

Centros comerciais

As grandes superficies comerciais da cidade tamén se suman á celebración do Entroido. O venres 28, o sábado 1 e o luns 3 o Centro Comercial Camelias ofrece unha programación repleta de actividades para toda a familia inspiradas no universo Nintendo. Inclúen un torneo de Super Smash Bros,  un espazo de retro gaming con consolas e merchandising,  un taller infantil para crear máscaras inspiradas en Nintendo, espazo de caracterización, desfile de disfraces e  unha festa de Entroido cunha temática especial dedicada ao universo Nintendo cun ambicioso obxectivo: romper o Récord Guinness da maior cantidade de persoas disfrazadas de personaxes de Nintendo.

O CC A Laxe organiza unha xornada repleta de xogos, actividades e desfile o venres 28 de 17:00 a 20:00 h.

O CC Travesía propón un obradoiro infantil de filloas o luns 3 de marzo, de 17:30 a 20:00 h.

O CC Gran Vía acolle o Circus Carnival o 28 de febreiro e 1 de marzo ás 18:00 h.

Por último, o CC Vialia preparou dúas xornadas de Entroido con pasarrúas, circo e festa de disfraces os días 1 e 3 de marzo desde as 17:30.

A Asociación Xuvenil de Beade, en colaboración da A.V.C.U – C.S.C.R de Beade, organiza o 4 de marzo ás 17:00 h unha festa de Entroido cun concurso de disfraces por categorías, tanto individual coma colectiva, e un taller para os cativos.

Por outra banda, A Cultural de Bouzas celebra unha festa de Entroido na alameda de Suárez Llanos o 1 de marzo a partir da 17:00 h. Ese mesmo día tamén contaremos coa actuación en directo do grupo Sehiba; o seu concerto comenzará ás 18:00 h desde o palco da Alameda de Bouzas. Pero iso non é todo, xa que o seguinte domingo 9 de marzo as 17:00 h celebran o tradicional velorio do Enterro da Richa tamén na Alameda, acompañados da batucada Lenha.

O martes 4 de marzo ás 17:30 h, o Centro Cultural e Recreativo de Cabral organiza unha gran festa de entroido. Este evento conta con numerosas actividades para os máis cativos como animacións infantís, xogos, bailes, música e un desfile de disfraces por categorías (entre 0 e 4 anos, 5 e 8 anos e entre 9 e 12 anos). Ademais, por cada categoría haberá dous sorteos. Para participar no desfile é necesario anotarse antes das18:00 h dese mesmo día.

Magia en la Manga

O día 4 de marzo ás 18:00 h, a escola de magos Magia en la Manga organiza un espectáculo divertido e máxico para que, tanto nenos como adultos, poidan disfrutar do Entroido. Ademais, haberá agasallos para os que leven disfrace. Podes mercar aquí as túas entradas, ademais, teñen unha oferta de 4 x 3.

Libros para soñar

A libraría viguesa Libros para soñar organiza o venres 28 de febreiro as 18.00 h unha sensión de contos chamada Contos de entroido, que será para nenos maiores de tres anos, na que, ademais, premiarán o mellor disfrace.

¡Plaff!

O 1 de marzo ás 23:15 h, a coñecida drag española Pupi Poisson, que pasou pola música, o cine, o teatro e a televisión, actúa por primeira vez na cidade de Vigo. O evento terá lugar no ¡Plaff! e contará cunha zona especial de photocall, unha videosesión especial a cargo do DJ Xavi PetardPop e diversos agasallos de Arehucas con cada consumición.

Escola Municipal de Música

Os días 26 e 27 de febreiro, a Escola Municipal de Música de Vigo organiza un festival de Entroido chamado Rosalía e o río das palabras. O día 26 a programación contará cun espectáculo de danza, coros infantís, un conxunto orff e unha bandiña. Por outra banda, o día 27 a programación será a mesma, pero no lugar da bandiña haberá unha orquestriña.

O Lar das Artes

O asador cultural O lar das artes acollerá o domingo 2 ás 12:00 h un concerto especial de entroido da man do irreverente dúo Alféizar.

Ciudad Aventura

Os días 3, 4 e 5 de marzo, Ciudad Aventura organiza un campamento especial de Entroido cun horario similar ao das escolas, entre as 9:00 e 14:00 h. Nesta actividade, ademais dunha gran variedade de xogos, hai manualidades e animación á lectura. Respecto aos prezos, un día custa 15,00 € e os tres días farían un total de 40,00 €. Para participar é necesario facer unha reserva previa a través do número 604 04 53 92.

Sala Supersonic

A Supersonic, en pleno Casco Vello, acolle este luns 3 ás 22:00 h unha festa de carnaval disco-funk con BlackStereo en directo. O prezo da entrada é de 12,00 €.

Café UF

O 1 de marzo ás 20:00 h, o Café UF acolle unha nova xornada de Vérsame. Nesta ocasión, trátase dun especial de Entroido cun espectáculo de micro aberto.