VIALIA
bannerPicnicSesions

Os creadores de Humor Amarillo proxectan crear un autocine en Vigo

Anuncian a través da súa páxina web a creación dun autocine en Vigo con capacidade para 200 vehículos, zona de picnic na parte dianteira e servizo de venda de hamburguesas e cachorros quentes. Comezará a funcionar a finais do mes de xuño e proxectaranse grandes clásicos como James Bond, Grease, Jurasic Park, Titanic ou Ghost.

REVISTA ABRIL

En plena crise do COVID-19 continúan a xurdir iniciativas ante as novas circunstancias e as restriccións impostas para evitar as aglomeracións de persoas e os eventos multitudinarios. Os creadores de Humor Amarillo, anunciaron a través da súa páxina web a apertura dun autocine na nosa cidade. O recinto estará ubicado nun espazo natural, terá capidade para 200 vehículos e comezará a funcionar a finais de xuño.

Para aquelas persoas que queiran acudir e non teñan vehículo habilitarase un espazo de picnic en zonas axardinadas dianteiras do recinto. Tamén haberá venda de hamburguesas e cachorros quentes ao máis puro estilo americano. Entre os filmes que poderemos ver neste cinema ao aire libre están grandes clásicos como Grease, Terminator, Coco, E.T, Pulp Fiction ou Titanic. Tamén haberá opcións para os pequenos da casa coa proxección de Buscando a Nemo, EL Rey León e Toy Story entre outras moitas.

De consolidarse esta iniciativa, o de Vigo sumaríase aos cinco autocines que actualmente están funcionando en España: o de Xixón, Getxo, Madrid, Valencia e Alicante.