REVISTA ABRIL

Open day: Activa tus 5entidos

Este sábado, a escola de pedagoxía Montessori Eleven School ofrece a pais, nais e cativos a oportunidade de vivir un día escolar nas súas aulas. Unha oportunidade de coñecer e experimentar de primeira man como traballa este centro ubicado en Matamá.

Eleven School é un colexio británico e a pedagoxía Montessori é a base da súa aprendizaxe. Este sábado 21 de xaneiro abre as súas portas a todos os públicos, tanto en horario de mañá como de tarde, dando a oportunidade as familias de coñecer o proxecto e as instalacións. Unha ocasión fantástica para ver de primeira man este centro.

Baixo o nome de “Activa tus 5entidos”, o equipo de Eleven School busca recrear para as familias un día escolar. A través de actividades e vivencias como a presentación de diferentes leccións de matemáticas, ciencias, historia… Todos os asistentes poden experimentar de maneira sensorial un día na escola, tal como se fai cos estudantes acotío. Rememorar os cheiros, observar as aulas, traballar cos materiais, interaccionar co equipo docente, degustar o menú escolar … En definitiva, toda unha experiencia sensorial para transmitirnos a forma de traballar e a esencia de Eleven School.

REVISTA ABRIL

Este evento de portas abertas terá unha duración de hora e media aproximadamente. A escola establece dúas quendas, ás 11:00 h e ás 16:00 h para dar acollida ao máximo de familias interesadas en achegarse á escola pero non é necesario inscribirse de forma previa.

Eleven School

Camiño Real, 10
San Pedro de Matamá
36213 Vigo
Telf. 672 07 77 80
info@elevenschool.com
www.elevenschool.com