COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

Onde visitar ás súas maxestades

Chegou a semana de coller papel e lápis, sacar peito das boas accións e pedirlle aos Reis Magos ese xoguete, libro ou xersei no que levamos pensando algún tempo. Sen esquecernos de facerlle chegar ás Súas Maxestadesos nosos desexos! ou todos os esforzos serían en balde. Na axenda de Melchor, Gaspar e Baltasar atopamos visitas aos principais centros comerciais de Vigo, así como representación real na casiña de Papá Noel e no Barco do Nadal.

Cabalgata de Reis

A opción máis clásica é ver chegar a Melchor, Gaspar e Baltasar nas súas carrozas o día 5 de xaneiro, acompañados por toda unha comitiva. Polo momento só está confirmada a versión estática da Cabalgata xa desde as 11 da mañá, na que as carrozas formarán quietas na rúa e as familias poderán pasear de xeito ordenado, percorrendo a comparsa. O día 1 de xaneiro o alcalde confirmará se finalmente haberá Cabalgata tradicional pola tarde.

Casa de Papa Noel (Policarpo Sanz)

Co Nadal xa pasado un paxe real sucederá no posto a Papá Noel na súa casiña de madeira. Os nenos poderán achegarse de 11h a 14h e de 17h a 21h para entregarlle ás súas cartas. O día 31 de decembro o horario redúcese ata ás 19h e o 1 de xaneiro estará pechado.

Centro Comercial Camelias

No Centro Comercial Camelias, as súas maxestades de oriente estarán en forma de marionetas manexadas polo animador infantil Ronny Macarroni diante da casa de Papá Noel. Estarán no centro comercial os días 2, 3 e 4 de xaneiro de 18h a 20h e o mércores 5 de xaneiro de 17h a 19h.

Centro Comercial Vialia

Os Reis estarán entre o 2 e o 4, de 17:30h a 20:30h na zona de eventos interior Vigo Exporta.

Centro Comercial Travesía

Melchor, Gaspar e Baltasar esperarán coñecer aos pequenos no primeiro andar do centro comercial de Teis, entre o 2 e o 4 de xaneiro, de 17:30h a 20:30h.

Centro Comercial Gran Vía

A superficie non contará coa visita dos Reis, pero si ofrece dúas actividades relacionadas con eles e exclusivas para membros do seu club. Achegándose ao Punto de atención ao cliente e facendo o complicado exercicio de elixir ao seu Rei Mago favorito, os nenos recibirán un regalo e entrarán no sorteo dunha das 16 prazas para acompañar aos Reis Magos na Cabalgata. Poden participar nenos de entre 8 e 12 anos.

Por outra parte, Gran Vía despedirá as vacacións cun concerto de A gramola gominola, que terá lugar o venres 7 de xaneiro a partir das 19h na segunda planta. A entrada é gratuíta e por orde de chegada.

Barco do Nadal

O paxe real non se resiste a observar a cidade desde a ría e estará a bordo do Barco do Nadal, da Naviera Mar de Ons, os próximos días. O barco, decorado con luces e ornamentos propios da época zarpa cada tarde ás 20h, para ofrecer unha visión da cidade iluminada desde o mar. O paseo inclúe viño quente e pastas de bemvida, así como DJ e ten unha duración de 90 minutos.

Tamén existe a opción de visitalo sen navegar; neste caso ás 18h.

SONRIAS

Esta é a única actividade de pago desta lista. Para reservar é preciso chamar ao 986 22 52 72 ou facelo a través da web mardeons.es