CAMELIAS MASCOTAS

Onde ver as perseidas en Vigo

As perseidas, tamén coñecidas como bágoas de San Lorenzo por ser o 10 de agosto esta festividade relixiosa, é unha prolífica chuvia de estrelas que ten o seu punto álxido entre o 11 e o 13 de agosto. Realmente, o que vemos son os restos volatilizados do cometa Swift-Tuttle, que está na órbita arredor do sol. Malia a contaminación lumínca, é posible visualizalas afastándose un pouco do núcleo urbano.

Se a néboa e a lúa chea o permiten, estes días será posible visualizar as perseidas nalgunhas das zonas elevadas que circundan Vigo, como o monte Alba, o Piricoto do Vilar, o Galiñeiro, o Galleiro, o Castro de Chandebrito ou o Vixiador. Preto deste último está VigoZoo, que organiza o sábado 13 unha actividade de observación de estrelas baixo o título de Sábados astronómicos. No centro da cidade, no alto do Castro, se as condicións son as adecuadas tamén é posible divisar as famosas bágoas.

Tamén desde o medio da ría é un bo lugar para mirar cara arriba. A Navieira Mar de Ons oferta a posibilidade de observar as perseidas entre os días 11 e 13 nas augas das illas Cíes, lugar certificado como Destino Turístico Starlight. A Navieira Piratas de Nabia, pola súa banda, oferta regularme as rutas Starlight, sendo a máis próxima a deste luns 15. Os días de 10 e 11 tamén está dispoñible o servizo para gozar das perseidas. Ambas compañías ofrecen saídas desde Vigo e Cangas.