Onde celebrar o Magosto en Vigo
Novembro é tempo de castañas, e as diferentes asociacións e locais de Vigo organizan os seus particulares magostos. Aquí tes unha lista deles para degustar unhas deliciosas castañas asadas. Como adoita acontecer neste tipo de eventos ao aire libre, a celebración dalgunhas delas están supeditadas á climatoloxía.
Venres 8 – LAVADORES (AVCD de Lavadores, 18:00)
En Lavadores celebran MAgosto e San Martiño nunha mesma xornada con castañas, chouripán e foliada.
Sábado 9 – CASCO VELLO ALTO (Praza do Abanico, 13:30)
Merendola de outono co concerto de Paul Clarke (Visions of Johanna), maxia co Mago Óscar Fernández, contacontos con Marta Ortiz, sorte dunha cesta de Nadal e unha ampla variedade de produtos gastronómicos.
Sábado 9 – CORUXO (CRAC Coruxo, 18:00)
Castañas, baile, música e moita festas coas agrupacións tradicionais do CRAC de Coruxo.
Sábado 9 – AS PEDRIÑAS (CC As Pedriñas, 18:00)
O sábado, 9 de novembro, Tameiga celebra o seu tradicional magosto con castañas de balde para as persoas asistentes e ata cinco actuacións ao longo da xornada: Os Monifates, Xiada Gaiteiros Refrescantes, A Cantadeira, Omiri e Saraghallada.
Sábado 9 – BERBÉS (Praza do Berbés, 18:00)
Entre as 18:00 e as 21:00 organizan dúas actuacións musicais e o pregón.
Sábado 9 – A PARROCHA (Bembrive, 18:00)
MAgosto na Parrocha, en Bembrive, coa actuación do Leo de Matamá e serán aberto para quen queira participar. Haberá carpa por se o tempo non acompaña.
Sábado 9 – FREIXO (Biblioteca de Freixo, 19:00)
Castañas, sorteo dunha cesta de Nadal, o xogo do trompo e moita música na Biblioteca de Freixo: Operación Karuncho, Cantareiras Bouzacova, Grupo os Tabáns e Rondalla de Freixo.
Sábado 9 – BEADE (CC Beade,19:00)
Os asistentes poderán degustar, ademais de castañas, outros produtos gastronómicos a prezos populares. En canto á música, programada a partir das 19:30, virá da man do Grupo de pandereteiras “A volta do Demo” do C.S.C.R. de Beade e do Grupo de folk “Tarxa” da A.V.C.D. Monte da Mina.
Sábado 9 – CABRAL (CCR Cabral, 19:30)
Castañas gratis a partir das 19:30
Sábado 9 – VALLADARES (CVC Valladares, 21:00)
Gran magosto con castañas gratis e a actuación da Agrupación Folclórica CVC Valladares.
Sábado 16 – A BOUZA (Parque da Bouza,17:00)
Tarde cargada de actividades para toda a familia co pallaso Rudi Dudi, xogos tradicionais, Pándega das Teixugueiras e o concerto de The Marveltones.