CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Magosto As Pedriñas

09nov18:0022:00Magosto As PedriñasAS NOSAS FESTAS | De balde18:00 - 22:00(GMT+01:00) Sala Rebullón

Detalles do eventos

O sábado, 9 de novembro, Tameiga celebra o seu tradicional magosto con castañas de balde para as persoas asistentes e ata cinco actuacións ao longo da xornada, un evento completamente gratuíto para todos e todas.

As actuacións comezan a partir das 18 horas. Será entón cando comece a música e a festa da man de Os Monifates, unha tropa de músicos ambulantes e monicreques que animarán e divirtirán ao público co seu espectáculo de música tradicional e baile para toda a familia. Tamén pola tarde actuarán Xiada Gaiteiros Refrescantes, máis troula e música folc para vibrar e bailar sen parar, tanto a rapazada como os máis maiores.

Xa á noitiña, será o turno dos concertos de A Cantadeira, Omiri e Saraghallada. A Cantadeira é o proxecto en solitario de Joana Negrão, artista cunha ampla traxectoria na música e na tradición oral portuguesa, con nove discos publicados en bandas como Dazkarieh ou os Seiva. Agora, a súa voz exerce de fío condutor de paisaxes sonoras tradicionais e moi actuais.

Omiri sumarase a continuación ao magosto cun dos proxectos máis orixinais de reinvención da música tradicional portuguesa. E para logralo, nada mellor que integrar imaxes e sons de músicos e paisaxes sonoras de todo o país luso, con vídeos que serven de base á composición musical e á improvisación de Vasco Ribeiro Casais sobre o escenario.

Nos últimos anos, Omiri consolidou a súa proxección internacional, actuando nos maiores festivais do mundo: Womex (Finlandia), Reepperbahn (Alemania), Eurosonic (Países Baixos), Rudolstadt (Alemaña), Kaustinen (Finlandia), Viljandi (Estonia), Dranouter (Bélxica), Live at Heart (Suecia), entre moitos outros.

E para pechar por todo o algo o magosto nas Pedriñas, actuación de Saraghallada. É o formato minimalista de “A Companhia do Ruído”. Cancións de rasca, romarías, foliadas, pasarrúas e un feixe de clásicos de música galega contemporánea pasan pola peneira desta banda, no que a retranca comparte escenario coa música para encher ao público de festa e ledicia.

Máis

Hora

9 novembro, 2024 18:00 - 22:00(GMT+01:00)

Localización

Sala Rebullón

Avda. do Rebullón 23, 36416 Tameiga, Galicia, Spain

Other Events