CAMELIAS MASCOTAS

Onde celebrar o Magosto en Vigo?

Se hai algo outonal por antonomasia é o Magosto. Castañas quentes, viño e música, entre outras cousas, son os ingredientes principais para celebrar esta festividade tan nosa. Consulta a continuación onde celebrar o Magosto en Vigo e preme no título de cada celebración para obter máis información.

*A celebración dalgúns deste eventos dependerá da climatoloxía, polo que é recomendable consultar as páxinas dos propios organizadores

Mapa orientativo dalgúns dos Magostos programados en Vigo

10/11 – AS DA INDUSTRIA (ADIADO POR MAL TEMPO)

A partir das 17h na praza Eduardo Fadrique (a Praza da Industria) haberá xogos tradicionais, castañas quentes, comida e bebida. Amenizarán a tarde o espectáculo “Heinrich aprendiz de mago” de Simplemente Enricco, e actuación especial de Ardora en formato electroacústico tocando temas adaptados e cantos de taberna tradicionais.

10/11 – BARRIO DAS FLORES

Música, xogos, sorpresas e moitas castañas no Barrio das Flores de Teis. Organizado por Emaús, Provivienda, Xaruma e Entreculturas. O evento múdase ao patio do colexio Vicente Risco, situado no mesmo barrio das Flores, a escasos metros da praza.

11-12/11 – PORTA DO SOL E ALAMEDA DE BOUZAS

O Concello de Vigo organiza paralelamente dúas celebracións na Porta do Sol e na alameda Eduardo Cabello de Bouzas tanto o sábado como o domingo. Malia que sabemos o horario da programación, non coñecemos os artistas encargados da música en directo.

11/11 – CASCO VELLO ALTO

Ademais do tradicional Magosto, na praza do Abanico vaise celebrar unha merendola con maxia, música e moita comida e bebida.

11/11 – MAGOSTO SALVAMONTES

A Sala Rebullón de Mos celebra o seu tradicional magosto con actividades infantís, moita música (Zeltia Irevire e Monolious Dop) e castañada solidaria en beneficio dos “salvamontes” da plataforma “Auga é Vida” na súa defensa fronte ao GS360. Tamén homenaxearán, polo 40 aniversario da Comunidade de Montes, aos primeiros “salvamontes”, as directivas anteriores da entidade que abriron camiño á xestión responsable dos recursos naturais e á defensa do monte veciñal.

11/11 – CORUXO

Castañas e viño de balde coa música das escolas tradicionais do CRAC de Coruxo.

11/11 – BEADE

contará coas tradicionais castañas a un simbólico prezo de 1€, estando acompañadas de bebida. Os asistentes tamén poderán degustar outros productos gastronómicos a prezos populares. En canto á música, virá da man do Grupo de gaitas Arume e do Grupo de pandereteiras A Volta do Demo, formacións pertencentes ao Centro Cultural de Beade.

11/11 – CABRAL

Castañas de balde o sábado e concerto da Banda Las Delicias o domingo.

11/11 – VALADARES

Castañas gratis e actuación da Agrupación do CVC Valadares no centro cultural da parroquia.

11/11 – LAVADORES

Ás 17:30 inauguran a Cafetería Terraza de Lavadores e ás 18:30 ten lugar o XXIV Festival da Amizade. As castañas asadas chegan ás 20:30. Todo isto na AV Lavadores, en Ramón Nieto 302.

11/11 FRAGOSELO

REVISTA NOVEMBRO

A Comisión de Festas de San Sebastián celebra a partir das 19:00 o magosto e a festa do chouripán no Torreiro das Festas de San Sebastián en Fragoselo, Coruxo.

11/11 CANDEÁN

Chouripán, refrescos, cervexa, viño, castañas e queimada. Velada amenizada polas apndereteiras Augas de Maio e a banda de gaitas Atlántida de Matamá. En caso de chuvia realizarase no interior do local da asociación.