CAMELIAS MASCOTAS

Óliver Laxe e Hendrik Röver estarán no Festival de Cans

O director de cine Óliver Laxe e o coñecido músico Hendrik Röver, fundador do mítico grupo Los Deltonos, serán dous dos principais convidados na XVII edición do Festival de Cans, que ten previsto celebrarse entre o 2 e o 5 de setembro na parroquia de Porriño.

O Festival de Cans que este ano pospuxo a súa celebración do 2 ao 5 de setembro reformula o seu formato para poder adaptarse e cumprir toda a normativa sanitaria vixente polo COVID19. Este ano todas as actividades se desenvolverán no Espazo Estrella Galicia na Leira do Río, ao que é preciso acceder con entrada. O director galego Óliver Laxe protagonizará os Coloquios na Leira e Hendrik Röver será unha das actuacións musicais do festival.

O director Óliver Laxe será este ano o protagonista do Coloquio na Leira, no mediodía do sábado, 5 de setembro. A ollada de Oliver Laxe é unha das máis celebradas nos últimos anos no panorama do cinema europeu actual.  Director do aclamado filme O que Arde, premiado en Cannes e gañador de dous Goyas.  En Cans falará de cine, pero tamén do seu novo proxecto para promover un gran espazo cultural vinculado ó cine, nunha zona rural dos Ancares, idea que enlaza con moitas das bases do Festival de Cans. Laxe chega ó Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, para manter co público o encontro central do Festival, tomando o relevo doutros directores de prestixio como Rodrigo Sorogoyen, Fernando Trueba ou Gracia Querejeta, que pasaron por Cans nos último s anos.

REVISTA NOVEMBRO

Na tardiña dese mesmo sábado, 5 de Setembro, o Espazo Estrella Galicia da Leira do Río, acollerá o concerto de Hendrik Röver e Los Míticos GTS, a nova banda do mítico líder de Los Deltonos, un dos músicos máis respectados da escena rock independente. Coa súa nova formación, Rover segue desenvolvento unha interesante traxectoria musical, co blues como fina capa de fondo.  Tras a actuación de Rover, procederase á gala de entrega de premios e posterior peche do festival.

Tanto para o coloquio de Oliver Laxe, como para a actuación de Hendrick Rover, será necesario acceder cunha entrada. O acceso ó coloquio está vencellado ás entradas das proxeccións matinais a concurso, e o acceso á actuación musical está vencellado ás proxecións de tarde. O  festival non programará ningunha actividade de acceso libre para facilitar que o aforo poida estar regulado en todo momento, xa que o recinto estará rodeado por un valado.

As entradas para a edición máis exclusiva de Cans estarán á venda desde as 9,00 horas da mañá do luns 27 de xullo na tenda online do Festival, tenda.festivaldecans.com Só sairán á venda 200 abonos de mañá e outros 200 de tarde. O pack matinal consta dunha entrada, camiseta, chapa, programa  e asistencia a un coloquio, custa 20€ máis gastos de xestión. O pack de tarde inclúe entrada,  camiseta, chapa , programa, e acceso a  coloquios , gala e concerto . O seu prezo será de 25€.  Se sobrase alguna entrada logo da venda dos packs, a partir do 8 de agosto poñeranse á venda por separado, tanto para proxecións, como para coloquios ou actuacións musicais.