REVISTA ABRIL

Oito festivais da provincia amosarán o mellor do audivisual galego no que resta de ano

A nova edición do Rías Baixas Film Fest reúne na súa programación oito festivais galegos do audiovisual entre setembro e decembro de 2021 en Porriño, Vigo, Bueu, Tui, Vilagarcía e Pontevedra con invitados, curtametraxes e documentais a nivel autonómico, nacional e internacional.

Eloy Domínguez Serén | Play Doc

A provincia de Pontevedra convértese a final de ano nunha das referencias do cinema con plataformas que dan voz aos creadores audiovisuais e as súas historias. Os oito festivais encargados de promover a cultura e as novas ideas no territorio galego son o Festival de Cans, Primavera do Cinema, FicBueu, Play-Doc, Galician Freaky Film Festival, Festival de Cine Inclusivo, Curtas do Imaxinario e Novos Cinemas. Con obras para todos os gustos e cores e actividades complementarias ás proxeccións como concertos e obradoiros, os certames abren unha vez máis as súas portas, esta vez promovendo a campaña ‘Lembra, eu decido, ti respetas‘ contra o acoso sexual.

O Festival de Cans é unha das principais plataformas de proxección de curtametraxes galegas, pero tamén de estreas e premieres de obras internacionais, promovendo a unión intercultural da Galicia con creadores do resto do mundo. Este ano o certame acolle a estrea en salas de ‘9 Fugas’ de Fon Cortizo acompañada dunha performance musical o venres 3 de setembro, e a premiere absoluta de ‘El tiempo libre’ de Fernando Epelde o sábado 4. Estas estreas únense ás dúas cintas documentais ‘Donde acaba la memoria’, o traballo de Pablo Romero-Fresco sobre a viaxe do historiador Ian Gibson a Las Hurdes; e ‘Beiras, vivir dúas veces’, de Jorge Coira, Pepe Coira e Gaspar Broullón sobre Xosé Manuel Beiras. 

O acceso ás estreas de ‘9 Fugas’ e ‘El tiempo libre’ é de balde, pero é necesario un previo rexistro a través da tenda da web do Festiva de Cans: https://tenda.festivaldecans.com/.

O cineasta brasileiro Kleber Mendonça Filho, gañador do Premio do Xurado no Festival de Cannes 2019, tamén será un dos protagonistas durante os días de certame, convidado do coloquio central do festival, que terá lugar o sábado 4 de setembro ás 12 horas no Espazo Estrella Galicia da Leira do Río. Ademais, o certame adicaralle unha retrospectiva na que se proxectarán as tres longametraxes que realizou ata o momento e varias das súas curtametraxes.

Respeto aos concertos, inclúense novas actividades ás xa confirmadas con Maika Maikovski e Ses. O artista sonoro Marco Maril tocará o sábado 4 de setembro a partir das 20 horas. A actriz galega Sara Casasnovas presentará o seu novo proxecto musical ‘Capitán Swing’ e o seu primeiro traballo ‘Ferro Candente’; nel, samples, ouveos e xemidos abren a porta a unha impactante atmosfera de cabaret e electrónica durante a noite do xoves 2 de setembro ás 23.30 horas.

O festival independente de documentais Play-Doc tamén conta con estreos de novas obras. O suízo Walter Saxer acudirá ao certame para presentar unha película inédita en España. Os espectadores tamén poderán visualizar en exclusiva Amerasia, a última obra recuperada do cineasta alemán Wolf Eckart Bühler. Play-Doc engade a súa programación o taller audiovisual ‘Filmar lo propio’ impartido por Eloy Domínguez Serén para retratar os espacios nos que habitamos. A actividade está dirixida a veciños e veciñas da comarca de Tui, que poderán realizar pequenas películas co obxectivo de retratar personalmenteo forma de vida da comunidade na que viven. As incricións están abertas ata o 27 de agosto, deberase enviar un mail a produccion@play-doc.com indicando o nome completo, idade e teléfono de contacto para solictar unha praza e poder participar.

O FicBueu chega cunha ampla sección de obras competitivas e non competitivas divididas en Internacional, España, Galicia R, Experimental e Escolas. O Galician Freaky Film Festival e Curtas Festival do Imaxinario non se quedan atrás cunha morea de curtametraxes destinadas a dar sustos aos espectadores e pasar un mal rato co mellor cinema. Por último, o Festival de Cine Inclusivo, Primavera do Cinema e Novos Cinemas reúnen curtametraxes, longametraxes de ficción e webseries tanto de profesionais como de escolas audiovisuais impulsando o talento emerxente galego.

DATAS E EDICIÓNS

XVIII Festival de Cans – 1 ao 4 setembro – Porriño

X Primavera Cinema – 7 ao 12 setembro – Vigo

XIV Fic Bueu – 10 ao 19 setembro – Bueu

XVII Play-Doc – 22 ao 26 setembro – Tui

4# Galician Freaky Film Festival – 29 setembro ao 2 outubro – Vigo

REVISTA ABRIL

VI Festival Cine Inclusivo – 12 ao 16 outubro – Vigo

49 Edición Curtas Festival do Imaxinario – 22 ao 31 outubro – Vilagarcía

VI Novos Cinemas – 14 ao 19 decembro – Pontevedra