PORTAMERICA
REVISTA NADAL

Oito actuacións de artistas locais no I Festival VivoVigo

Nace VivoVigo, unha nova promotora local de eventos musicais creada por Nico Doldán e Meiga del Río, que do 8 ao 18 de maio organizan o primeiro festival en diferentes establecementos de hostalería da cidade.

Cartel do festival con todas as actuacións

VivoVigo xorde como Traballo de Fin de Grao para a carreira de Enxeñería de Organización Industrial a presentar o próximo mes de xuño. A motivación principal do proxecto é dar visibilidade aos músicos locais, potenciar o consumo artístico local e reconciliar música en vivo e hostalaría. Por isto último, tanto Nico Doldán como Meiga del Río traballan insistentemente cumprindo cos requisitos da nova e polémica Lei de Espectáculos Públicos e Actividades Recreativas de Galicia, ca finalidade de asentar vías legais para a música na cidade.

Nico, cantautor e antigo membro da banda local Wonderlust Kings, presentará esta iniciativa como TFG do seu grao, no que se encargará da enxeñería do proxecto e do soporte técnico do son das diferentes actuacións que terán lugar ao longo deste I Festival VivoVigo. Meiga é a encargada das tarefas de deseño gráfico, community manager e promoción dos eventos.

O Festival VivoVigo terá lugar do 8 ao 18 de maio en diferentes establecementos vigueses non relacionados coa música en directo, nun total de oito actuacións. Tras contactar con numerosos artistas, os escollidos finalmente serán School, Nós, Anxo Blas por partida dobre, Sunil López e Rubén Fernández, Sanny, Man the River e Adrian Trimms. Pola outra banda, os locais que albergarán os concertos serán a Abadía de Nuria, La Rosa Negra, La de Julio, A Mordiscos, Creperie Bretonne, La Marimorena, Kastami’s e Locomotora. Todos eles establecementos de hostalería, lugares pouco habituais nos que escoitar música en directo. Ao longo dos 10 días filmaranse as actuacións co fin de realizar un documental da experiencia.

Con esta proposta, VivoVigo pretende encher os restaurantes e gastrobares de música acorde ao establecemento, supervisando o son, o nivel de decibelios e promocionando o evento en redes. A motivación principal do proxecto é dar visibilidade aos músicos locais, potenciar o consumo artístico local e reconciliar música en vivo e hostalaría. Todas as actuacións serán de balde, en acústico ou de baixa amplificación, e antes de cada unha delas haberá un micro aberto onde poden participar os asistentes e os músicos amateur seleccionados nun concurso que están a levar a cabo en redes.

A continuación todos os concertos do I Festival VivoVigo:

  • Mércores 8 Maio 20.30: School (versións de Nirvana) no gastrobar Abadía de Nuria tocarán o repertorio completo do mítico MTV Unplugged.
  • Venres 10 Maio 20.30: Nós (grupo de jazz/soul) no bar La Rosa Negra tocando cancións propias dun disco próximo baseadas en estándares de jazz e influencias de soul, R&B e pop.
  • Sábado 11 Maio 12.00: Anxo Blas (cantautor pop/rock galego) no bar La de Julio presentando novo disco Vivimos en Vigo.
  • Domingo 12 Maio 12.00: Sunil López e Rubén Fernández (dúo de jazz/tradicional galega/pop) no gastrobar A Mordiscos tocando composicións propias a partir de poesía galega, mesturando piano e loops de voz.
  • Mércores 15 Maio 20.30: Anxo Blas no restaurante Creperie Bretonne.
  • Xoves 16 Maio 20.30: Sanny (cantautora) no gastrobar La Marimorena tocando composicións propias e versións influenciadas polo folk-rock americano.
  • Venres 17 Maio 20.30: Man the River (grupo indie/folk) no restaurante vegano Kastami’s tocando composicións propias do seu disco recén sacado e parte do próximo. )
VINA COSTEIRA
  • Sábado 18 Maio 20.30: Adrian Timms (cantautor indie pop/rock) no gastrobar Locomotora tocando versións e composicións propias dun disco en proceso de gravación.