VIALIA
bannerPicnicSesions

O Travesía Master Chess traerá a Vigo a Karpov en setembro

O Centro Comercial Travesía organiza no mes de agosto e setembro un torneo de xadrez ao que asistirá o mestre Anatoly Karpov. O xadrecista ruso retou ao alcalde da cidade a unha partida durante a súa estancia en Vigo, que Abel Caballero non dubidou en aceptar.

Esta mañá presentouse en rolda de prensa o Travesía Vigo Master Chess, un campionato galego de xadrez que terá unha primeira parte online no mes de agosto na que participarán 1.000 xogadores; e unha segunda parte presencial no Centro Comercial Travesía na que os 40 finalistas retaranse entre o 24 e 25 de setembro. O evento contará coa presencia do gran xadrezista ruso Anatoly Karpov, campión mundial nesta materia durante 16 anos.

REVISTA ABRIL

Inés Prado, bautizada pola prensa especialista como a Gambito de Dama Galega, foi ecollida polos organizadores como embaixadora e imaxe do evento. Aos seus 24 anos, Prado é a primeira muller da historia en converterse en campioa galega absoluta de xadrez e a primeira en gañar un campionato autonómico español. En representación do talento vigués participará Rubén Fernández, primeiro galego en lograr unha medalla mundial de xadrez, e que se acaba de proclamar subcampión de España de Xadrez sub16, que representará a España na Copa do Mundo. Ámbolos dous acompañarán a Karpov nunha charla coloquio que terá lugar o día 25 na sala principal dos cines Yelmo. O día antes, o xadrecista ruso estará no centro comercial firmando taboleiros e libros de xadrez.

O acto central do evento é a partida simultánea que os 10 finalistas do Vigo Master Chess xogarán contra Karpov. O gañador do torneo disputará unha partida en solitario co ruso que escollerá de forma aleatoria un neno do público para que xogue con el, engadíndolle así máis dificultade á partida. En total, o Centro Comercial Travesía repartirá 1.000€ entre os tres primeiros clasificados para que realicen compras no recinto comercial.

Hoxe, na rolda de presentación proxectouse un vídeo no que o propio Karpov retaba a Abel Caballero desde Moscú a xogar unha partida contra el. O consorte non tardou en aceptar o reto e engadiu que non llo poría fácil ao campión do mundo porque el contaría coa axuda de Rubén Fernández. A partida entre Caballero e Karpov terá lugar o 24 ou 25 de setembro no taboleiro de 14 x 14 metros que desde o 10 dese mes estará instalado na terraza do Centro Comercial.