UVIGO
FILLOAS

O tradicional concurso de beléns de Afundación xa ten gañadores

Mañá, xoves 17 de decembro, abrirase ao público, na Sede Afundación Vigo, a mostra coas fotografías de todos os beléns que nesta edición do premio se presentaron ao concurso. O certame, que contou c­on 26 participantes, cumpre 55 anos.

Belén do Obradoiro Fosil, gañador do primeiro premio colectivo.

O Concurso de beléns de Afundación, un referente na tradición cultural do Nadal en Galicia que este ano cumpre a súa edición número 55, cambiou nesta ocasión o seu formato para adaptarse ás novas condicións de seguridade sanitaria. Así, os participantes non montaron as súas creacións na sala de exposicións do Teatro Afundación, como viña sendo habitual, senón que achegaron fotografías dos beléns realizados, 26 en total. as fotografías foron tomadas polo profesional da imaxe Xulio Gil.

O premio na categoría individual, á «maior creatividade», foi para Nerea Barxa Corral. O galardón á «maior claridade na súa mensaxe solidaria» recaeu na Asociación Galega San Francisco e o premio á «mellor execución» foi concedido á Residencia Ballesol. Así mesmo, resultaron finalistas en cada unha das tres categorías Narciso Corral, Conchita e Rafael González-Besada López e a Asociación AFAGA- Alzheimer. Na categoría para colectivos formados por menores de 16 anos, o xurado decidiu conceder o primeiro premio ao Obradoiro Fósil; o segundo ao belén presentado polo Colexio Martín Codax e finalmente, o terceiro premio ao CEE Saladino Cortizo.

CAMELIAS NADAL

O horario de apertura ao público é de luns a venres de 11.00 a 14.00 h e de 17.30 a 21.00 h e sábados de 17.30 a 21.00 h. Os días 24 e 31 de decembro, de 11.00 a 14.00 h, e o 6 de xaneiro, de 17.30 a 21.00 h. Os domingos e festivos, pechada.