REVISTA MARZO

O Rallye Rías Baixas volve pisando o acelerador

Despois de dous anos sen se celebrar o Rallye Rías Baixas volve con enerxías renovadas e co afán de consolidarse e recuperar algún tramo polo centro da cidade. A proba comeza este venres cunha exhibición de Samil a Príncipe.

Os afeccionados do motor están de celebración, esta fin de semana terá lugar a 52 edición do Rallye Rías Baixas, a proba automobilística de referencia no sur de Galicia estivo suspendida durante dous anos por falta de financiamento. Este ano co patrocinio de Recalvi, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo rexurde coas ansias de volver a converterse nun referente nacional.

Banner A Movidiña

A primeira etapa do percorrido terá lugar o venres en Gondomar. Previo ao comezo da competición os coches, que estarán nun parque habilitado en Samil, protagonizarán unha exhibición polo centro da cidade ata a rúa do Príncipe que comezará ás 18:20 horas. O sábado os 151 participantes completarán os catro tramos restantes que discorren por Mondariz, Sabaxans, Porriño, Salceda e Gondomar. A entrega de premios realizarase no Verbum de Samil e está prevista para a 1:30 da noite do sábado ao domingo.

O Rías Baixas é a cuarta cita puntuable do Campionato Galego, despois do de A Coruña, que abriu o calendario o 17 e 18 de febreiro; O Rallye do Cocido (el 17 y 18 de marzo) e o Rallye de Noia (14 y 15 de abril).

Os organizadores do evento agardan que na próxima edición a proba consiga reincorporarse ao Campionato Nacional. Como eles mesmos explican, o Rally Rías Baixas tiña sido valorado como a mellor proba de España deste estilo. A organización xa está a traballar para recuperar esta posición e aseguran que farán todo o posible para achegar o rally á cidade de Vigo e recuperar algún tramo urbano como o de Samil ou do Castro.