ASNEVES
REVISTA MAIO

O Nadal e a solidariedade brillan con forza no Centro Comercial Camelias

O Centro Comercial Camelias lanza a campaña de Nadal con actividades dirixidas a todos os públicos e a todos os membros da familia, mascotas incluídas, baixo o nome “Brilla a maxia do Nadal no Camelias”. O espazo tamén é un dos puntos de recollida de xoguetes de dúas campañas solidarias: Cada niño un juguete e Comparte ilusión.

O Centro Comercial Camelias pon toda a carne no espeto nestas datas tan especiais cunha ambiciosa programación para todos os gustos e idades. Baixo o lema “Brilla a maxia do Nadal no Camelias”, este mes temos multitude de actividades, mercados, obradoiros e campañas solidarias para pasar un bo anaco no centro comercial máis lonxevo de Vigo.

Eventos

  • Venres 15 de decembro: taller de xabóns de Nadal impartido por Viviana Trujillo da tenda Johab & Design ás 18:30 na planta baixa
  • Sábado 16 de decembro: masterclass de tendencias de moda e maquillaxe para fin de ano por Alicia Gil Make Up and Nails de 17:00 a 19:00 na planta baixa
  • Domingo 17 de decembro: taller de cociña creativa de Nadal impartido por Tierraventura ás 18:30 na tenda homónima.
  • Venres 22 e martes 26 de decembro e mércores 3 de xaneiro: taller Reciclando facemos Nadal, con Imaxina Servicios Educativos ás 12:30 na planta baixa
  • Sábado 23 de decembro e xoves 4 de xaneiro: taller de neve por Tierraventura ás 18:30 na tenda homónima
  • Mércores 27 de decembro: actuación do Gran Mago Alexis ás 18:30 na planta baixa
  • Xoves 28 de decembro: actuación da Coral Polifónica Rosalía de Castro do Colexio Oficial de Médicos de Pontevedra ás 12:30 na planta alta
  • Venres 29 de decembro: Festival Navideño de Baile de carácter solidario a favor da recollida de xoguetes a favor da Fundación Amigos de Galicia coas actuacións do Club El Olivo e Star Danza.
  • Sábado 30 de decembro: Camelias Dog Day, cun desfile-concurso de mascotas e donos caracterizados de temática natalicia a partir das 18:00. Evento solidario en favor da protectora Biosbardos.
  • Domingo 31 de decembro: Aninovo infantil, de 11:30 a 13:30 con Ronny Macarroni de presentador, daranse a todos os nenos e nenas asistentes as 12 gominolas da sorte e bandeiriñas. Ás 12:00 contarán as badaladas infantís e despois festa con Dj para celebrar o novo ano e chocolatada solidaria a favor de Aldeas Infantís.
  • Xoves 4 de xaneiro: obradoiro de maquillaxe oriental con Alicia Gil e exhibición e masterclass de baile oriental con Rebeca Hannun a partir das 12:00 na planta baixa

Feira Retrofest e outras actividades paralelas

O mercado de libros, discos e vinilos que se celebra mensualmente no centro comercial ten lugar os días 15, 16 e 17 de decembro.

  • O domingo 17 actúa Diego Caride e Alexandra ás 19:30.
  • Durante o mercado haberá unha exposición de ilustracións e pinturas de Luna con Alas Art e Ichigo Art.

O Centro Comercial Camelias, en colaboración con Eventos Meloso, desde o 15 de decembro ao 13 de Xaneiro 2024 organiza o Corredor Retro na planta alta, onde estarán expostas as máis variadas máquinas orixinais e típicas dos recreativos dos 80 ,90 e 2000 (futbolín, Tetris, máquinas Arcade, Pacman e Segarally, etc.) para que poidan xogar con elas varias xeracións de vigueses.

Do 18 ao 31 de decembro tamén haberá un Mercado de Nadal en horario de 10:00 a 21:00.

Recollidas solidarias de xoguetes

O CC Camelias participa en dúas campañas solidarias de recollida de xoguetes.

  • Comparte ilusión (xoguetes novos): En colaboración con Fundación Amigos de Galicia para nenos e nenas de familias vulnerables da provincia , desde do o día 4 de decembro ao 5 de xaneiro 2024, estableceranse dous puntos de recollida de xoguetes: un nas oficinas centrais de xerencia do CC e outro no establecemento Toys R Us.
  • Cada niño un juguete (xoguetes de segunda man): En colaboración coa Asociación STOP na campaña, desde o 9 de decembro e ata o 2 de xaneiro 2024, con tres puntos de recollida de xoguetes usados ou de segunda man que estean en bo estado para que os nenos e nenas das familias máis necesitadas tamén poidan recibir un agasallo. Preferiblemente que sexan xoguetes educativos e de lecer (non bélicos), así como ordenadores, material informático e material escolar para nenos e nenas de entre 10 e 15 anos. Con tres puntos de recollida: tenda Lafita New Life Clothes, tenda Munay e as oficinas de xerencia do centro comercial.

Visitas de Papá Noel e os paxes reais

  • Visita de Papa Noél 15,16,17,21,22,23 de decembro de 18:00 a 20:00 e o 24 de decembro de 17:00 a 19:00.
  • Visita da paxe real o 29,30 de decembro e 2,3 e 4 de xaneiro de 18:00 a 20:00.