VIALIA
bannerPicnicSesions

O Marisquiño volve cunha das edicións “máis espectaculares da súa historia”

Hoxe presentouse a programación completa desta nova edición de O Marisquiño, que xa cumple 19 anos. Do 9 ao 11 de agosto poderemos gozar de multitude de modalidades de deportes urbanos tales como skate, BMX, dirt jump, graffiti, FMB, basket 3×3, danza e fútbol freestyle.

A pesar de todas as dificultades que atravesou o festival ao longo do ano, O Marisquiño volve máis forte que nunca cunha programación cargada de actividades e con algunha que outra novidade. Tres días nos que o Paseo das Avenidas volverá a encherse de vida e cultura urbana. Esta mañá presentouse aos medios toda a programación no novo skate park de Navia, un espazo ao que a organización quere levar ás estrelas internacionais de skate e BMX este xoves 8, antes do comezo do evento.

REVISTA ABRIL

Haberá competicións oficiais de tres probas que serán olímpicas en Tokyo 2020 (skate, BMX e Basket 3×3), ademais da incorporación de dúas novas disciplinas: Freestyle Football e Big Jump, outorgando máis dinamismo e espectacularidade ao festival. Podes consultar os horarios de todas as probas premendo nesta ligazón.

Existen algúns cambios na localización dalgúns dos espazos, cos que se pretende que o público poida gozar con maior comodidade e seguridade das diversas probas deportivas e espectáculos musicais. Un deses cambios podémolo ver no escenario Super Bock, que pasa á praza da Estrela, onde actuarán artistas como Eric Bobo, Jota Mayúscula, Niña Coyote eta Chico Tornado ou Biznaga.

Como é habitual, O Marisquiño seguirá a apostar polas políticas de igualdade e contará de novo con destacadas deportistas que darán máis visibilidade ao deporte feminino e aspirarán a premios coa mesma dotación económica que os homes. Tamén haberá actividades para crianzas, convertindo o festival nun evento no que as familias serán benvidas.

(GMT+01:00) Paseo das Avenidas