COSTEIRASONORA
REVISTA VERAN

O MARCO celebra o Día dos museos en internet

Hoxe luns, e como cada 18 de maio, celebramos o Día Internacional dos museos. Moitos centros, entre eles o MARCO, festexarán o seu día por medio das súas canles dixitais, onde organizan actividades, charlas e propostas que viran en torno ao lema da celebración deste ano: ‘Museos pola Igualdade: diversidade e inclusión’

Por primeira vez terá que facelo a porta pechada e a través das canles dixitais, unha situación anómala que inevitablemente conleva a reflexión sobre a necesidade da expansión online dos nosos centros culturais. Xa non se trata de volcar nunha web o contido das coleccións e exposicións. Esta situación anómala crea a necesidade de dar un paso máis. Agora o reto está en programar só para a rede.

Para o museo MARCO, esta é a oportunidade de demostrar o seu valor como entidade creadora de valor social e cultural e a súa capacidade de sobreviver e atopar o seu camiño nunha situación imprevista. Neste contexto e á espera de volver normalizar a súa situación abrindo o centro ao público, o museo crea un variado programa dixital, en web, Youtube e Twitter para celebrar o 18 de maio.

11:00 – Estrea da performance Yolanda Herranz Pascual: “SOMOS mujeres y ESTAMOS aquí” (Youtube)

11:30 – 1ª selección publicacións Biblioteca-Centro documentación MARCO (redes sociais)

12:00 – Publicación do 1º vídeo conversas ONG Grandes Amigos (Youtube)

12:30 – 2ª selección publicacións Biblioteca-Centro documentación MARCO (redes sociais)

13:00 – Publicación do 2º vídeo conversas ONG Grandes Amigos (Youtube)

13:30 – 3ª selección publicacións Biblioteca-Centro documentación MARCO (redes sociais)

17:00 – Publicación do vídeo realizado en colaboración co persoal e usuarios de APAMP (Youtube)

17:30 – 4ª selección publicacións Biblioteca-Centro documentación MARCO (redes sociais)

SONRIAS

20.00 – Cheapcuts Fest: emisión en streaming dunha selección de tres curtametraxes do Festival + conversa/debate coas directoras (Youtube)