VIALIA
CAMELIAS NADAL

O MARCO adianta as súas exposicións para o 2021

Que os museos pechen non quere dicir que a súa actividade estea parada. O Museo MARCO vén de adiantar toda a programación deste 2021 no tocante ás exposicións, nas que destaca unha forte presenza de produción propia. Outra das boas novas para este ano é a apartura da pranta baixa, que se artopaba en mantemento desde había uns meses.

O xoves 28 de xaneiro de 2021 tivo lugar por vía telemática a reunión do Padroado da Fundación MARCO que, entre outros asuntos de relevancia, fixo balance de 2020 e aprobou a programación de exposicións previstas para 2021, sempre que a situación sanitaria o permita. Segundo a Dirección, a liña a seguir debe ser a mesma que a finais de 2019, mantendo activa a programación e dando prioridade ás necesarias tarefas de mantemento do edificio e da súa infraestrutura. Unha construcción histórica do século XIX no centro da cidade que funcinou como cárcere e Palacio de Xustiza ata que, a finais do século XX, foi rehabilitada como o museo que é hoxe.

Nun balance positivo tras un ano especialmente complexo, ao longo deste 2020 conseguiuse manter a actividade cultural en condicións sanitarias seguras, e paralelamente avanzar en tareas prioritarias a medio e longo prazo: reparación de cubertas, acondicionamento de distintos espazos, instalación de novos sistemas de peche, e establecemento de criterios de eficiencia e control de gasto enerxético. Desta forma, neste 2021 poderemos volver a gozar de exposicións na pranta baixa, que levaba pechada ao público uns meses por mor das obras.

Para esta especial ocasión, a proposta reúne “4 PROXECTOS” dos artistas Mónica Alonso, Mar Vicente, Salvador Cidrás/Juan Cidrás, e Rosendo Cid, concibidos específicamente para cada un dos espazos da planta baixa. A partir de mediados de abril, reforzando este interese e compromiso polas mostras de produción propia, a individual de Din Matamoro centrará a programación nas salas do primeiro andar. Un percorrido pola obra máis recente e evocadora dun artista esencial, que coincidirá no tempo coa mostra de Glenda León, posible grazas á colaboración co MEIAC de Badaxoz; Museo que comparte co MARCO o seu pasado como cárcere, un feito co que establecen un diálogo entre algunhas das obras presentes nesta exposición.

O resto de mostras serán:

PLANTA BAIXA

“4 PROXECTOS” (26 marzo – 29 agosto)
Mónica Alonso
Mar Vicente
Salvador Cidrás e Juan Cidrás
Rosendo Cid

PRIMEIRO ANDAR

Din Matamoro (16 abril – 12 setembro 2021)
Glenda León (Abril – agosto 2021)

PLANTA BAIXA

CAMELIAS NADAL

Manuel Quintana Martelo (10 setembro 2021 – 9 xaneiro 2022)

PRIMEIRO ANDAR

Alfredo Alcain (24 setembro 2021 – febreiro 2022)
XXV Maratón Fotográfico “Concello de Vigo” (Outubro – decembro 2021)