CAMELIAS MASCOTAS

O Gran Circo Acrobático de China e Pica Pica entre as propostas do Auditorio Mar de Vigo para este Nadal

O Auditorio Mar de Vigo ten programados unha ducia de espectáculos para gozar da música e as artes escénicas durante estas festas en Vigo. A programación inclúe humor, concertos, música clásica, ballet e espectáculos familiares.

Esta mesmo venres día 8, Raúl Cimas e J.J Vaquero soben as táboas do auditorio do Berbés para facer rir ao público co seu novo espectáculo de humor. Os máis pequenos tamén teñen o seu lugar na programación arrancando este domingo 10 co musical que arrasa entre os pequenos de 4 e 9 anos: SuperThings, o primeiro gran show inspirado nos éxitos da serie de YouTube. Seguidamente, La Granja de Zenón, o fenómeno infantil que rompeu todos os récords nos principais teatros do mundo, regresa co seu novo espectáculo inmersivo ‘El Gran Gallego’ o 30 de decembro e con dobre función. E xa cun pé en 2024, o grupo infantil ‘Pica Pica‘ presentará o 3 de xaneiro o seu emblemático espectáculo: ‘Bailando’.

As orquestras clásicas e as mellores músicas de cine tamén serán protagonistas dentro da programación do Mar de Vigo. Por unha banda a Hollywood Symphony Orchestra trae o seu show John Williams & Hans Zimmer o 26 de decembro, onde repasan a obra destes dous xenios das bandas sonoras. En xaneiro, tamén terá lugar o Gran Concierto de Año Nuevo de Johan Strauss, coa Strauss Festival Orchestra e o Strauss Festival Ballet Ensemble, programado para o 7 de xaneiro. Pero seguindo coa temática cinéfila, a Film Symphony Orchestra presenta ‘Henko’ o 19 de xaneiro, neste novo espectáculo rende homenaxe á valentía e nace das melodías máis emblemáticas de obras como 007 Skyfall, Mulan, Indiana Jones, ou Harry Potter. De feito, outro dos espectáculos novos este ano chega a finais da xaneiro, o día 21 de xaneiro, coa prestixiosa Hollywood Symphony Orchestra para ofrecer unha impresionante actuación que transporta ao público ao máxico reino de Hogwarts. E finalmente, para os amantes do ballet, a compañía o Ballet de Kiev chega coa gran obra de Tchaikovsky El Lago de los cisnes o 12 de xaneiro, e como non, en pleno Nadal,  o día 17 de decembro, volveremos emocionarnos con El Cascanueces co Ballet Ruso de San Petersburgo. Ambas son obras que destacan pola vistosidade dos vestuarios e o virtuosismo dos seus bailaríns.

CALENDARIO DE EVENTOS:

9/12. Cimas & Vaquero – 20:30 h. Desde 20,00 €

10/12. SuperThings: ‘Sing and Party’ – 17:00 h. Desde 17,00 €

17/12. Tchaikovsky National Ballet: ‘O crebanoces’ – 19:00 h. Desde 28,00 €

23-24/12. Gran Circo Acrobático da China – 17:30 e 20:30 (sábado), 12:00 h (domingo). Desde 28,00 €

26/12. Hollywood Symphony Orchestra: John Williams & Hans Zimmer – 21:00 h. Desde 26,00 €

27/12. The Vipers: ‘The World Best Queen Tribute Band’ – 21:00 h. Desde 30,00 €

30/12. La Granja de Zenón ‘El gran gallego‘ – 16:30 h e 19:00 h. Desde 15,00 €

3/01. Pica-pica: ‘Bailando’ – 17:00 h. Desde 15,00 €

07/01. Strauss Festival Orchestra: ‘Gran Concerto de Ano Novo’ – 19:00 h. Desde 28,00 €

12/01. Ballet Clásico de Ucraína: ‘O lago dos cisnes’ – 21:00 h. Desde 28,00 €

REVISTA NOVEMBRO

19/01.  Film Symphony Orchestra ‘Henko’ – 20:00 h. Desde 39,00 €

21/01. Hollywood Symphony Orchestra: ‘Harry Potter’ de John Williams – 19:00 h. Desde 26,00 €

As entradas están á venda a través de www.teuticket.com.