CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

O filme ‘A Esmorga’ poderasa visionar esta fin de semana gratuítamente

Desde hoxe, venres día 20, ás 20.00 horas ata o luns 6.00 horas poderase ver en aberto o filme de Ignacio Vilar A Esmorga. Unha iniciativa de Vía Láctea Filmes, TVG e Editorial Galaxia, produtores do filme para contribuír a que o confinamento sexa máis levadeiro. [ACTUALIZACIÓN: Dado o éxito, o filme poderá verse ata o mércores 25. ás 6.00 horas]

A ESMORGA – Versión Orixinal from Vía Láctea Filmes on Vimeo.

CAMELIAS NADAL

Sipnose de A Esmorga:

Cibrán (Miguel de Lira) é un obreiro que se xunta coa Raxada (Melania Cruz), unha ex-prostituta e nai solteira. Unha mañá, de camiño ó traballo, é abordado por dous amigos bébedos, Bocas (Karra Elejalde) e o atormentado Milhomes (Antonio Durán “Morris”). Cibrán xúntase a eles no seu deambular incerto pola zona, deixando tras de si un regueiro de destrución.

Fan un alto na taberna da tía Esquilacha (Covadonga Berdiñas), acceden á vivenda dun cacique local chegado hai pouco de Francia, onde Bocas se namora da misteriosa dona da fiestra; chegan a un pazo ao que Cibrán, xa bébedo, lle prende lume sen querelo; bótanos dun prostíbulo; galantean cunha muller pueril e tola, Socorrito (Sabela Arán), quen cada mañá saca pasear un boneco nun carriño. Namentres, Bocas é sospeitoso de ter matado a un home durante unha liorta nunha taberna, e ademais a homosexualidade reprimida de Milhomes non deixa de amolar ao Bocas dun xeito que ningún dos dous homes son quen de comprender. Bocas e Milhomes emprenderon unha especie de misión suicida ao abeiro da bebedela á cal o malpocado Cibrán se sumou sen sabelo. O alcol é para Cibrán o refuxio do que el mesmo denomina “o pensamento”, unha terrible lucidez que lle fai ser consciente da súa sórdida existencia.