CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

O Festival Primavera do Cine aprázase ata o 15 de setembro

A organización do Primavera de Cine acaba de anunciar a decisión de adiar a celebración da 9º edición, inicialmente programada para a segunda semana de maio, ata mediados de setembro dada a situación que estamos a vivir polo COVID-19.

O Festival Primavera do Cine de Vigo celebrarase do 15 ao 20 de setembro e desde a organización aseguran que seguirán atentamente as recomendacións e obrigas propostas polas autoridades sanitarias e as administracións competentes. A seguridade de público, cineastas e persoas convidadas será a prioridade. Trátase da novena edición dun festival que ano tras ano se vai consolidando na nosa cidade e que inicialmente se ía celebrar a mediados de maio.

Aproveitaron o comunicado para presentar o o cartaz da nova edición, unha imaxe creada pola deseñadora María Llauger, quen xa leva catro edicións embelecendo a gráfica do festival. Os organizadores agardan que transmita a mesma ledicia e amor cara o cine que lles transmite a eles. Tamén nos animan, a cando todo isto remate, “tomar as rúas e dar o mellor de nós para colaborar na medida das nosas posibilidades na reconstrución de todo ese tecido local e social que agora mesmo está tan abafado