VIALIA
bannerPicnicSesions

O Festival de Cans xirará por cineclubes e terá opción en liña

O Festival de Cans porá en marcha este ano unha fórmula innovadora entre os festivais españois, ao realizar propor por primeira vez un formato expandido e difundir as curtas a concurso por dúas vías diferentes unha vez rematado o certame: a través da distribución en salas de cine e cunha versión de pago en liña para ver os filmes na propia web do certame.

REVISTA ABRIL
Fotograma de Xoves de comadres, da viguesa Noemí Chantada

A reducción de aforo e as restriccións dos jalpóns de proxeción levaron ao Festival a buscar esta fórmula novidosa para que todas as curtametraxes a competición nas categorías de ficción e animación poidan ter vías alternativas de visibilidade máis alá da presenza física no certame. Esta innovadora proposta permitirá que todas as obras a concurso poidan verse en nove salas de cine de toda Galicia, a través de convenios con FECIGA (Federación de Cineclubes de Galicia) e co CGAI (Centro Galego das Artes da Imaxe). Grazas a estes acordos, a oferta do certame ata chegar ás 1.050 butacas repartidas entre as catro provincias galegas.

En cada unha das sesións exhibiranse as 13 curtas que forman parte da sección oficial de ficción e animación do Festival de Cans. Cada unha das proxeccións terá un prezo de 4 euros, e a suma total da taquilla destinarase ao Premio FECIGA, que irá parar á curtametraxe elixida por un xurado formado por membros dos cineclubes de Galicia. Entre o 9 e o 13 de setembro, poderá verse a competición oficial de Cans nas catro provincias galegas. A Vigo chegará da man do Cineclube Luimière o mércores 9.

Dúas semanas despois, as curtas poderán verse, previo pago, na web do Festival de Cans, baixo soporte técnico de Vimeo. Será só durante catro días, do 17 ao 20 de setembro. Con esta aposta pola exhibición online, o certame trata de dinamizar a difusión dos filmes e de facilitarlles o visionado ás persoas que, por motivos relacionados coas limitacións actuais, non poderán estar en Cans durante o Festival. Os prezos do visionado online, oscilarán entre os 2 euros por bloques de curtas e os 5 euros por bloques completos de competición.
 
O plan de difusión externa das películas a concurso no Festival complétase cun autocine. As curtas premiadas nesta décimosétima edición do certame exhibiranse o sábado 12 de setembro na explanada do Velódromo municipal do Porriño. Se queres coñecer máis información sobre o festival que comeza esta semana, preme aquí.