UVIGO
FILLOAS

O Festival de Cans e Play-Doc adiantan parte da súa programación

O Festival de Cans e Play-Doc, dous dos festivais de referencia da contorna, presentaron esta semana parte das programacións das súas novas edicións. O evento porriñés celebrarase do 18 ao 21 de maio e o tudense do 4 ao 8 de maio.

Nunha traxectoria que en breve abarcará dúas décadas, o festival Play-Doc destaca por presentar primeiras retrospectivas en España, dedicadas tanto a recoñecidos directores e figuras lendarias do cinema documental, como a outros moitos cineastas esquecidos, censurados, perdidos ou sinxelamente descoñecidos. Este labor de recuperación, redescubrimiento e reivindicación volve estar fortemente presente nesta próxima edición, que se celebrará do 4 ao 8 de maio en Tui.

Os catro directores cuxa obra poderemos ver proxectada son a alemá Helke Misselwitz (1947), unha das realizadoras máis importantes da última xeración da DEFA; Danny Lyon (1942), prestixioso fotógrafo da Magnum; Richard P. Rogers (1944 – 2001), celebrado director e produtor de cinema de non ficción; e o portugués António Campos (1922-1999), cineasta amateur nacido en Leiria, cuxa obra singular, complexa e marxinal ocupa hoxe un lugar destacado dentro da historia do cinema luso.

Pola súa banda, a XIX edición do Festival de Cans, que terá lugar do 18 ao 21 de maio, continuará esta edición na súa liña de programar unha retrospectiva internacional, que dea coñecer ao público algúns dos cineastas máis interesantes e orixinais do momento. Este ano Cans programará outra retrospectiva de gran nivel (tras facelo o ano pasado con Kléber Mendonça Filho), como é a do cineasta portugués João Nicolau (1975), un dos expoñentes máis brillantes do novo cinema portugués. O lisboeta realizou ata o de agora tres filmes, que se poderán ver en Cans e que foron estreados en certames de gran prestixio como Cannes, Venecia, BAFICI de Bos Aires, Locarno ou Sevilla. 

CAMELIAS NADAL

A retrospectiva anunciouse durante a presentación da imaxe gráfica e as camisetas do XIX Festival de Cans, obra da compañía viguesa Rei Zentolo. O deseñador Pablo Rodríguez quixo destacar o elemento principal desta edición número 19: a volta da edición de Cans ao mes de maio, recuperando as datas habituais do certame. Xa están á venda as primeiras entradas ao prezo máis baixo de toda a historia do Festival de Cans. Serán 15 euros por cada pack de entrada, camisola oficial do certame, catálogo e chapa de edición limitada. O prezo final os días do festival será de 27 euros. No que respecta ás capacidade dos jalpóns, neste 2022 amplíase ao 75%, aumentando as fixadas nas dúas edicións pasadas.