REVISTA ABRIL
Cepeda, Aitana, Ana Guerra, Miriam e Roi

O fenómeno OT arrasa en Castrelos

Os galegos Miriam Rodríguez, Roi Méndez e Luis Cepeda; seguidos das dúas “chicas malas” Ana Guerra e Aitana Ocaña volveron a encher un Auditorio de Castrelos que presenciou o último concerto do programa deste ano de Vigo en Festas.

O pase de diapositivas require JavaScript.

“Dez, nove, oito, sete….”. Unha conta atrás facía vibrar Castrelos segundos antes das 22.30, hora programada para o arranque do último gran concerto das festas de Vigo. A banda de músicos capitaneada polo xa icónico Manu Guix, comezaba o concerto coa sintonía do famoso programa de TVE. De seguido facían a súa entrada cinco dos dezaseis concursantes da última edición de Operación Triunfo.

A primeira canción foi I’m Still Standing interpretada polos 5 concursantes e que serviu de benvida aos asistentes. Despois, individualmente ou en parella, foron intercalando tanto clásicos do programa de televisión (No puedo vivir sin ti, La Bikina, Las ganas…) coma temas novos (Hay algo en mí, Teléfono, Ni la hora…).

REVISTA ABRIL

A ilusión reflectíase nas xovencísimas caras dos milleiros de persoas alí presentes, que erguían pancartas con mensaxes de cariño cara os artistas. Algúns xa levaban dúas noites acampados agardando e é que o fenómeno fan encheu Castrelos ata a bandeira.
Nembargante, a benxamina do programa, Aitana Ocaña foi a que máis espertou o entusiasmo nos espectadores que gritaban e aplaudían con maior vehemencia en cada unha das súas actuacións.

A recta final do espectáculo trouxo os pesos máis pesados da noite con dous dos temas máis agardados. Lo malo de “Aitana War”, unha das cancións máis soadas deste verán chegaba pasada a medianoite rematando coa frase Pa mala ti co deleite dos asistentes que ovacionaban encantados. E Camina, a canción que compuxeron tódolos concursantes na academia e que pode considerarse coma “o himno” desta última edición de OT.

Houbo un único bis, moi previsible: A revolución sexual, canción que servía como peche final para o pesar dos moitos fans inesgotables que quedaban con ganas de máis.

The following two tabs change content below.
Amante das historias e do medio audiovisual para transmitilas. Viaxeira incansable, sempre cámara en mán. Apaixonada da imaxe en toda forma e aspecto. Graduada en comunicación e especializada en xeración de contido audiovisual, na actualidade traballa como fotógrafa e videógrafa freelance. www.noelqueipo.com

Últimos posts de Noel Queipo (ver todos)