VIALIA
bannerPicnicSesions

Desoños ofrece carteis descargabéis gratuítos para que o pequeno comercio informe sobre as normas de seguridade e hixiene

Desoños é un estudio de deseño con base en Vigo que acaba de lanzar uns carteis que os pequenos comerciantes poden descargar de forma gratuíta desde a súa web, para informar sobre as normas de seguridade e hixiene que todos temos que seguir nestes tempos de desescalada.

REVISTA ABRIL

“Observamos que as comunicacións que ofrecen os pequenos comercios, que non contan con equipos de deseño, son en moitos casos escasas ou confusas”, explica Noelia Estévez, cofundadora do estudio. Por este motivo o equipo de Deseños decidiu crear un material atractivo visualmente e claro para que o pequeno comercio o poida descargar e empregar de forma gratuíta. 

“Preparamos os deseños en catro cores diferentes para que cada comerciante escolla a que considere encaixa mellor co seu negocio”. Na súa web pódense descargar gratuitamente carteis para imprimir en tamaños A3, A4 e A5, ademais das correspondentes adaptacións para as redes sociais, tanto en formato publicación como para as instastories.

“Temos moito que agradecer ao pequeno comercio e debemos coidalo, especialmente nun momento como o que estamos vivindo”, engade Estévez. Descarga os teus carteis en https://www.desonhos.gal/compra-segura-compra-local/