UVIGO
FILLOAS

O Entroido chega ao seu fin: aquí podes revivilo en imaxes

Tras case unha semana de festa, rematou o Entroido 2020, onte púxose punto e final ata o ano que vén. Ducias de actividades, como concertos, desfiles, concursos, carreiras, animacións de rúa ou chocolatadas, encheron de cor e ledicias o centro da cidade.

O pasado venres 21 comezaba o Entroido con animacións de rúa, coa entronización dun Meco do máis vigués e finalmente co agardado concerto de Soraya Arnelas, que fixo vibrar a todos os alí presentes. O día grande chegou con máis animación nas rúas e co gran desfile de comparsas que percorreu as rúas de García Barbón e Policarpo Sanz. As comparsas que se subiron ao podio, tras anunicarse onte na Porta do Sol, foron:

1º premio: Asociación Os Festeiros de Bembrive por Os festeiros polo aire
2º premio: Asociación A Vila por A Vila
3º premio: Asociación Entroido de Pexegueiro por Gran estreno Aladdin pexegueiro

Ademais, foron entregados 14 accesits de 1000€ cada un. Para rematar a xornada, nada mellor que os ritmos flamencos e xitanos de Ketama na Porta do Sol.

O domingo comezaría cos Merdeiros facendo das súas polo casco histórico, mentres decenas de persoas de todas as idades corrían na VI Carreira Popular do Entroido. Alí tamén foron agasallados os tres primeiros de cada sexo en chegar á meta, ademais do grupo disfrazado de máis de 5 persoas. O resto do día, ao igual que luns, transcorrería con animacións de rúa, actividades infantís e chocolatada.

Outro dos grandes eventos deste Entroido en Vigo foi o concurso de disfraces organizado o martes a partir das 17:30 fronte ao MARCO, que rematou da seguinte maneira:

Individual infantil

1º premio: Lego de la casa de papel, por Roque González
2º premio: Dragón chino, por Martina Collazo
3º premio: Punk, por Camila Santos

Grupo infantil

1º premio: Maléficas, por Nuria Costas
2º premio: Policía y dragón, por Eyden e Aisha de Dios
3º premio: Van Gogh y sus girasoles, por Samuel e Nicolás Bouzón

Individual xeral

1º premio: Noticiario andante, por Iria Veiga
2º premio: Bajo el influjo de la maldad, por Mª Carmen Domínguez
3º premio: Dama del reciclaje, por Patricia Gándara

Grupo xeral

1º premio: Moulin Rouge, por Flora Vila
2º premio: ¿Quién teme al lobo feroz?, por Yesica Rodríguez
3º premio: Disfraz veneciano, por María Almudena

CAMELIAS NADAL

Ao remate do concurso tivo lugar a tradicional queima do Meco, este ano formado por elementos de Vigo como a nora do Nadal, o estadio de Balaídos rematado, o Sereo ou a Praza de América. Por último, antes do desfile de acompañamento das comparsas e da comitiva fúnebre, tiveron lugar as exequias funerarias solemnes no punto 0 da cidade. Tras dar unha volta á mazá, déronse a coñecer aos gañadores e accésit do concurso de carrozas do sábado.