UVIGO
FILLOAS

O Conservatorio de Vigo organiza actividades sobre produción e xestión musical

A Semana da Produción e Xestión é un evento organizado por profesores e alumnado do Conservatorio Superior de Música de Vigo (CSMVigo) que quere abarcar unha visión completa do panorama musical actual mediante conferencias, mesas redondas,obradoiros e concertos que contarán coa participación de expertos de prestixio.

Berto é un dos convidados das xornadas

A programación contén grandes nomes das industrias culturais desenvolverase ao longo de cinco días, do 6 ao 10 de febreiro, cun total de 11 actividades presenciais no Conservatorio Superior de Vigo, abertas ao público xeral e gratuítas. Tamén haberá activdades na ESAD Galicia, estas de acceso exclusivo para o alumnado.

As actividades darán inicio o luns 6 de febreiro ás 18:00h con “A música no ámbito laboral e fiscal” a cargo de Manuel Alonso, xerente de Músicas ao Vivo e presidente do consello reitor da Cooperativa Galega Músicas ao Vivo, plataforma con máis dunha década de experiencia que traballa para dignificar o traballo que os músicosde directo. Terá lugar no auditorio Martín Códax do CSM Vigo con acceso libre e gratuíto.

Ao día seguinte, martes 7 de febreiro ás 12:00h, terá lugar a mesa redonda “Comunicando música”. Participarán figuras consolidadas dos medios de comunicación como Mar Mato, xornalista do Faro de Vigo, Susana Castro, directora da revista Melómano e Cristina García, directora de comunicación e márketing en Esmerarte con artistas como Vetusta Morla ou o festival O Son do Camiño.

O mércores 8 de febreiro ás 19:30h as xornadas contiúan co encontro online “De Grammy a Grammy” onde os relatores serán os recoñecidos produtores musicais Carlos Rodgarman (quen traballou con artistas da talla de Celine Dion, Michael Bubble e mesmo Juan Gabriel) e Salomé Limón (produtora de Carlos Vives, Dani Martín, Paquito de Rivera ou Los Secretos entre moitos outros), ambos contan con varios nomeamentos e premios Grammy Latino debaixo do brazo. Este encontro en liña emitirase en directo no auditorio Martín Códax.

O cuarto día desta intensa semana, o xoves 9 de febreiro ás 16:30h, contará con tres actividades. A primeira será un relatorio presencial levado a cabo por Xabier Roldán, coordinador do máster en comunicación en medios sociais. “Posicionamento dixital da túa marca musical” tratará o impacto das redes sociais no panorama musical.

A segunda actividade, ás 18:30h, será un encontro presencial protagonizado por Edward Reid, trompetista e director da Fred Fox School of Music da Universidade de Arizona e con quen se falará do músico clásico profesional en América do Norte baixo o nome de “Ollada musical nos Estados Unidos”. Ambas actividades se levarán a cabo de maneira presencial na aula 0 do centro.

Posteriormente ás 20h, as alumnas ucraínas do programa ERASMUS do centro realizarán un concerto no Auditorio Martín Códax. “Sons da Ucraína” consistirá nunha viaxe por compositores de toda Europa ao longo dos séculos.

O último día, venres 10 de febreiro, conta con dúas actividades no auditorio Martín Códax. A primeira terá lugar ás 18h baixo o título “A xestión cultural: da incertidume á confianza”, como protagonista María Pereira, directora de Acción Cultural da fundación Cidade da Cultura de Galicia, quen compartirá os seus coñecementos adquiridos ao longo da súa longa traxectoria profesional liderando iniciativas culturais.

CAMELIAS NADAL

Como peche, o artista pontevedrés Berto estará a partir das 20h no auditorio compartindo co público o proceso de creación dalgúns dos seus proxectos e pechará a súa itervención cunha actuación musical.