REVISTA ABRIL

O Centro Comercial Camelias organiza un concurso de narrativa breve

O Centro Comercial Camelias, o máis antigo da cidade, organiza un concurso de narrativa breve para rapazada entre 12 e 16 anos. A temática centrarase nas viaxes, tan presentan nas obra de Francisco Fernández del Riego As Peregrinacións Xacobeas ou O Camiño de Santiago. O prazo remata o 31 de maio.

O Centro Comercial Camelias, cuxa apertura se remonta a 1994, continúa propoñendo actividades para dinamizar este espazo situado á beira da Praza da América. Desde a chegada de Natalia Galán á xerencia en 2022, o centro comercial está a vivir unha xuventude. A última proposta é un concurso de narrativa breve orientada á rapazada de entre 12 e 16 anos co obxectivo de deixar voar a súa imaxinación e seguir os pasos de grandes escritores e intelectuais galegos, como Francisco Fernández del Riego.

De feito, e baseándose na súa produción literaria de viaxes, a temática do concurso consiste en falar dunha viaxe que che encantara, que teñas ganas de facer ou mesmo unha imaxinaria.

REVISTA ABRIL

Como participar?

Envía a túa narrativa curta (máximo 2.000 caracteres) a info@cameliascc.com entre os días 17 e 31 de maio. Unha vez pechado o prazo de participación a organización procederá a publicar as narrativas para que a xente vote as súas favoritas a través das redes sociais. As tres máis votadas recibirán de premio 100, 75 e 50 euros, respectivamente, para gastar no Centro Comercial.

Consulta aquí as bases