VEGANA

O barrio Casablanca gana vitalidade cun novo festival

O barrio de Casablanca colle pulo. A unión de hostaleiros e comerciantes para dinamizar a zona está a dar os seus resultados e son cada vez máis as actividades de lecer que teñen lugar no barrio. O vindeiro 5 de maio celébrase a primeira edición de Distrito Creativo, un market de arte, deseño e artesanía.

Fai ano e medio que catro hostaleiros do Barrio de Casablanca – tamén coñecido como pequena América porque moitas das súas rúas teñen nome de países do sur e centro América: Brasil, Ecuador, Bolivia, México…´- uníronse para crear unha asociación que servise para impulsar as iniciativas culturais e gastronómicas que xurdían. Eran Alberto Cameselle de La Leyenda, Rafa Chao de El Contrabajo, Eduardo Meijueiro de La Pecera y José Antonio Miguel de La Comedia. Co tempo foron sumándose outros locais da zona e agora xa son 14 coa incorporación de: cafetería Rosa Negra, o restaurante vexetariano Cúrcuma, o establecemento de alimentación ecolóxica Terrae Organic, a garaxe-autoescola Casablanca, o restaurante Tapas Areal, a Pizzería Matilde, a Tetería Rosalinda, o Mesón Padrenda, a libraría Versus e o Sésamo Bakery Shop. Pero non só ten aumentado o número de socios, senón que a actividade cultural da zona está moito máis viva. Semanalmente, tanto La Pecera como El Contrabajo organizan unha media de 3 concertos cada un, a sesión vermú de ‘La Leyenda’ é todo un éxito e, o pasado mes de marzo, moitos dos locais mencionados foron escenario do Festival Nun Local.

REVISTA OUTUBRO

Para corroborar este auxe ,chega ao barrio un novo festival: o Distrito Creativo, que se celebrará o vindeiro sábado 5 de maio. Dos creadores de Bazares nos Bares nace esta proposta que pretende encher de actividade e creatividade as rúas circundantes ao Corte Inglés. Marcas de roupa, artistas, deseñadores, ilustradores e artesáns presentarán os seus traballos e obras no barrio. Á espera de coñecer cales serán as propostas seleccionadas, sabemos que os locais que participarán nesta primeira edición de Distrito Creativo son: La Pecera, La Comedia, La Leyenda, El Contrabajo Club, La Rosa Negra, Rosalinda tetería e o Mesón Padrenda.