UVIGO
FILLOAS

Numerosas caras coñecidas por unha mesma causa: #yoayudoalbancobueno

O Banco de Alimentos de Vigo lanza a primeira Operación Kilo en liña e vén apadriñada por numerosas personalidades do mundo cultural, deportivo ou da moda viguesa, entre outros sectores.

Ledicia Costas, Amaro Ferreiro e Gonzo mostran o cancelo #yoayudoalbancobueno.

Ante a imposibilidade de realizar recollidas de comida presenciais con voluntarios nos supermercados durante o estado de alarma e tras dispararse a necesidade entre as persoas máis vulnerables da provincia, a ONG habilitou a compra de cestas solidarias de produtos básicos, a través da súa web: www.bancoalimentosvigo.org. O doante poderá colaborar con tres tipos de cestas con alimentos por importe de 10€, 20€ e 30€, así como poderá  fixar unha cantidade de diñeiro calquera que tamén se traducirá na adquisición de comida.

Baixo o cancelo #yoayudoalbancobueno, a campaña deseñada xorde para dar resposta á inquedanza solidaria dun grupo de Whatsapp con integrantes destacados da nosa cidade. A escritora Ledicia Costas, o surfista Gony Zubizarreta ou o xornalista  Gonzo (padriño do Banco de Alimentos en 2016). Eles son algúns dos rostros coñecidos que encheron a rede coas súas fotos pero non son os únicos: Antón Duran “Morris”, Tony Lomba, Woyza, Francisco Castro…. e un longo etcétera. Incluso o actor Agustín Leirós destinará o recadado coa súa webserie a esta causa. Cada mércores estrea un capítulo novo da serie de humor Cuarentrena coa que poderemos mercar entradas solidarias a través de Envenbrite.

Unha fermosa iniciativa que a Fundación Provincial de Banco de Alimentos agradece publicamente e anima á cidadanía a realizar as súas doazóns ante o incremento constante de petición de comida de primeira necesidade.

View this post on Instagram

Cuántos apoyos estamos recibiendo en las primeras horas del #yoayudoalbancobueno ?. La lista de comprometid@s con las personas que no atraviesan su mejor momento sigue creciendo! Gracias @i.aspas10 @alba_lago @gonyzubizarreta @carolinabadia @leonbenavente @nicolaspastoriza @pablonovoa_music! Tú también puedes ayudar, adquiere tu cesta solidaria de alimentos de 10€, 20€ ó 30€ a través de nuestra web (link en la bio) y únete a esta cadena solidaria ?!! #operaciónkilo #quenadiepasehambre #practicandosolidaridad #alimentandocorazones #yomequedoencasa #saldremosadelante #esteviruslosparamosunidos #cuarentenaporlavida #covid19 #coronavirus #fesbal #bancoalimentosvigo

A post shared by Banco Alimentos Vigo (@bancoalimentosvigo) on

CAMELIAS NADAL