REVISTA ABRIL

Numerosas actividades e circuito urbano na Pedaliña

Este sábado 1 de xuño as bicicletas volverán tomar o Castro con numerosas actividades grazas á unha nova edición da Pedaliña, a feira da bicicleta viguesa que vén impulsada por A Golpe de Pedal. Nela atoparemos diferentes rutas para maiores e pequenos, bicicletas adaptadas, educación viaria, xogos populares e exhibicións de trial e BMX. A ruta terá lugar o sábado ás 11 da mañá con saída na Porta do Sol.

Aínda que poida costar chegar á cima, este sábado recomendámosche ir a dar unha volta coa bicicleta polo monte do Castro, onde terá lugar unha nova edición da Pedaliña. Alí xuntaranse decenas de apaixoados das dúas rodas para realizar todo tipo de actividades.

REVISTA ABRIL

Haberá rutas para bici de montaña para as diferentes idades (Ruta BTT e Mini Bike Park), circuíto de habilidade (no que superar o test de Pauwels e demostrar o teu saber e habilidade para moverte en bicicleta pola cidade), bicicletas adaptadas (A Once e Discamino ofrecen a experiencia de probar bicicletas adaptadas para persoas con necesidades especiais), Circuito Educación Viaria (a Policia Local de Vigo ensina pautas de circulación aos nenos e nenas no circuíto do Castro), prácticas para aprender a andar ser rodíns e exhibicións de trial e BMX.

De feito, ademais da exhibición, na disciplina de BMX disputarase a Copa Cromoly nas recén inauguradas pistas do Castro. Por outra parte, Cogami ofrecerá a oportunidade de probar cadeiras de rodas para visualizar a dificultade das barreiras arquitectónicas para unha mobilidade adaptada segura. Ademais destas actividades, haberá xogos populares (buxaina, zancos, o aro, a mariola…), inchabeis, tendas de bicicletas, paneis sobre mobilidade e música da man da charanga El Equipo B.

O domingo pola mañá, as 11 na Porta do Sol, será a quenda do circuíto urbano, que irá ata Samil e voltará ao centro da cidade. As inscripción aínda seguen dispoñibles por 3€ na web ata o sábado ás 20:00. Os dorsais poderanse recoller o sábado1 de 17:00 a 20:00 no Castro e o propio domingo 2 de 9:45 a 10:30 na Porta do Sol.

(GMT+01:00) O Castro