CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

No Vigo SeaFest poderás manexar veleiros coa mente

O Vigo SeaFest modernízase. A nova edición do festival contará cunha app para o móbil e un espazo de innovación e tecnoloxía no que atoparemos un simulador de realidade virtual, o robot R4 e unha regata de pequenos veleiros que manexaremos coa mente. 

A 2ª edición do Vigo SeaFest (5-8 xullo) chega cargada de novidades no ámbito da tecnoloxía, gracias ao convenio asinado con Abanca. Presentouse a app para móbiles “Vigo SeaFest by Abanca”, coa que o visitante poderá pagar todas as consumicións do festival desde o seu teléfono. Dicimos consumicións porque todas as actividades do festival serán de carácter gratuito.

CAMELIAS NADAL

Non só serve como monedeiro, xa que esta nova app, dispoñible en Android e iOS de balde, ten un mapa no que aparecerán situadas todas as actividades e os postos de comida, coa súa respectiva puntuación por parte dos consumidores. Tamén se nos avisará das diferentes ofertas e descontos que vaian surdindo durante o festival.

Seguindo no eido da innovación, poderemos coñecer ao robot R4, o primeiro humanoide en España en atender e interactuar cos clientes no sector financieiro. Coa colaboración con Samsung, tamén poderemos “viaxar” a outros lugares gracias aos dispositivos de realidade aumentada. Pero sen dúbida o espectáculo máis chamativo é a competición de veleiros, a modo de scalextric, que moveremos coa nosa mente. O participante con maior capacidade concentración será o gañador desta curiosa proposta.

No Vigo SeaFest, tradición e modernidade van á par, e por iso nace esta app que pretende axilizar os pagos e mellorar a experiencia durante os días do festival. Ademais de música, gastronomía e moitas outras actividades, tamén poderemos gozar do apartado tecnolóxico, que de seguro sorprenderá a pequenos e maiores.