VIALIA
bannerPicnicSesions

No Nadal… un conto pásase á modalidade en liña

A Concellaría de Normalización Lingüística adáptase á nova situación sanitaria e realiza toda a programación de No Nadal… un conto ao formato online. Desta forma, achegan estes contos, concertos, cantigas, contos en verso… a través da súa páxina web: snl.vigo.org

No Nadal… un conto trátase dunha acción de dinamización lingüística que consiste na organización de actividades na época de Nadal para cativos e cativas: contacontos, cancións, etc. Este programa, máis a súa versión estival No verán… un conto, dedícanse a percorrer os barrios da cidade para entreter e levar o galego aos máis pequenos.

REVISTA ABRIL

Esta edición especial de No Nadal… un conto comezou o pasado martes 22 de decembro ás 11:00 coa retransmisión en directo de Pepiña Maruxiña quere voar, un espectáculo da compañía viguesa Barafunda.

Na páxina web da Concellaría de Normalización Lingüística (snl.vigo.org) tedes o programa completo, onde podedes ver todas as gravacións. Estas van permanecer neste enlace cando menos un mes, para que á volta do Nadal poidades dispoñer delas. Haberaas tamén cunha maior permanencia, e mesmo unha boa parte delas estará permanentemente á vosa disposición.

O cartel desta edición virtual está composto por un total de quince artistas: Pakolas, Pablo Díaz, Música Miúda, Cris de Caldas, Nanda, Barafunda, Esperanza Mara, Servando Barreiro, Miguel Anxo, Carme Domech, Yolanda Castaño, As Maimiñas, Bea Campos, Silva Penas e Susana, e María Canosa.