UVIGO
FILLOAS

Negocios nos que utilizar o Bono Comercio en Vigo

304 establecementos vigueses únense ao Bono Comercio, a iniciativa do goberno galego para reactivar a economía e apoiar o comercio local, pequeno e de barrio. O programa consiste nun bono de 30€ que os consumidores poden solicitar e utilizar nos comercios adheridos, entre os que se atopan os vigueses Le Marche de Rachel, Brutal Bazar e Librería Librouro.

A Xunta de Galicia ten en marcha o programa Bonos Activa Comercio co que quere incentivar as compras no pequeno comercio a trabés dun sistema de descontos con compra mínima en todos os establecentos que desexen sumarse á iniciativa. Tanto clientes como comercios poden darse de alta no programa a través do enderezo https://www.bonosactivacomercio.gal/. Os segundos deberán facelo antes do 15 de maio. Polo momento, máis de 70.000 persoas e 45.000 comercios xa están adheridos á iniciativa.

Cada cliente disporá como máximo dun bono desconto por un importe de 30€ que poderá descontar en función do crédito dispoñible nos distintos establecementos comerciales adheridos e que estarán identificados co distintivo da campaña. O importe de cada bono irase consumindo en función do valor da compra: as compras iguais ou superiores a 30 euros terán un desconto de 5 euros, mentres que ás compras iguais ou superiores a 50 euros correspóndelles un desconto de 10 euros. Tendo todo isto en conta, cada persoa poderá utilizar o bono ata seis veces se opta por facer un gasto de 30 € (6 veces x 5€ = 30 €) e só 3 se a compra supera os 50 € (3 veces x 10€ = 30€).

Débese ter en conta que o período de validez dos bonos será de tres meses desde o seu lanzamento e en cada comercio poderanse cambiar ata un máximo de 5.000 euros en descontos. O sistema funciona a través dunha aplicación móbil que xenera un QR persoal. Débese ensinar no establecemento no momento de facer a compra para poder obter o desconto.

En Vigo, o numero de tendas nos que se pode facer uso deles é de 304, entre os que se atopan algúns dos Locais Recomendados de A Movida:

A tenda de roupa Le Marche de Rachel, especializada en moda de muler e complementos orixinais. Moitos dos seus produtos están feitos por pequenas empresas e artesás galegas, respetando as condicións dignas da mano de obra e coidando as materis primas utilizadas. No seu escaparate priman as cores vivas, os estampados de animais e os lemas motivadores.

Le Marche de Rachel está na rúa do Marqués de Valladares, 22

En Brutal Bazar hai de todo: elementos decorativos, utensilios de cociña, complementos de moda, papelería, pero sobre todo, un amplo abano de produtos para os amantes do bo comer, desde trebellos bonitos e orixinais para usar na cociña, ata conservas gourmet. O lugar perfecto para procurar un regalo único ou eses detalles para quedar como un anfitrión de dez.

Brutal Bazar está na rúa Carral, 19

A Librería Librouro abriu as súas portas no centro de Vigo en 1967 e leva desde entón atendendo ás necesidades lectoras de todo tipo dos vigueses, con especial atención ás editorias galegas e en galego.

CAMELIAS NADAL
Librería Librouro está na rúa de Eduardo Iglesias, 12