REVISTA ABRIL

O musical da Familia Adams comeza a súa xira nacional en Vigo

A adaptación española do musical de Broadway ‘La familia Adams’ estréase en Vigo entre o 26 e o 29 de abril. O delirante show fará sete pases no Teatro García Barbón, as entradas xa están a venda en Ataquilla.

As personaxes creadas polo ilustrador Charles Addams cobran vida propia e subiranse ás táboas do Teatro García Barbón do 26 ao 29 de abril. O musical que se estreou no Teatro Calderón de Madrid o pasado mes de outubro, onde se mantivo ata agora polo éxito acadado, comeza a súa xira nacional na cidade olívica.

REVISTA ABRIL

A produtora LETSGO (creadora de espectáculos como Dirty Dancing, The Hole, The Hole 2 e The Hole Zero) basease no libreto de Brickmann e Elice cun elenco conformado por Carmen Conesa, Xavi Mira, Lydia Fairén, Fernando Samper, Meritxell Duró, Alejandro Mesa e Íñigo Etayo, entre outros.

A gargallada está asegurada nun espectáculo que conta un dos pesadelos máis horribles, e máis común, a todo proxenitor: os seus nenos fanse maiores. Durante centos de anos, Gómez e Morticia, trataron de preservar os auténticos valores Addams, tan especiais como únicos, pero por moito que desexen seguir vivindo nesa harmonía, algo inesperado vai acontecer: a súa macabra e querida filla Miércoles namorouse de Lucas Beineke, un mozo doce, cariñoso e intelixente dunha familia “normal” e respectable de Ohio. Ninguén está moi de acordo con esta parella, pero para empeorar aínda máis as cousas, Miércoles convida a cear aos “Beinekes”.

Así pois, enfrontámonos a unha nefasta, fatídica e hilarante noite en casa dos Addams, os máis ocultos segredos se van revelar, as relacións, amoríos e amizades serán examinadas, e a Familia Addams ao completo, devanceiros incluídos, deberá facer fronte á única e terrible cousa que logrou evitar durante xeracións: o cambio.

(GMT+01:00) Teatro Afundación

(GMT+01:00) Teatro Afundación

(GMT+01:00) Teatro Afundación

(GMT+01:00) Teatro Afundación

(GMT+01:00) Teatro Afundación

(GMT+01:00) Teatro Afundación

(GMT+01:00) Teatro Afundación