VIALIA
bannerPicnicSesions

O musical La Cenicienta estréase en Vigo cun fin solidario

O musical ‘Cenicienta y el zapatito de cristal’ chega a Vigo este sábado. Un espectáculo moi colorido, cheo de acrobacias e bailes que encandilará a pequenos e maiores. O actuación dirixido por Juan Muñoz, terá lugar no Auditorio Mar de Vigo ás 20:30 horas.

Se as razón para asistir ao evento non foran suficientes, hai que engadir que ten un fin solidario. Os beneficios recadados irán para Fundega, Fundación para o Desenvolvemento Económico de Galicia. Tras o éxito acadado o ano pasado co musical ‘Adán y Eva en Broadway’, a asociación decidiu contar de novo con Jana Producciones e traer a Vigo o espectáculo da Cenicienta, co que agardan acadar o cheo absoluto.

REVISTA ABRIL

Os obxectivos fundamentais de Fundega son tres: Axudar a economía familiar, mellorar a calidade da ensinanza e propor alternativas á xuventude para gastar o seu tempo de lecer. Con propostas como esta conseguen axudar a máis de 200 familias neste momento.

Dende a fundación sinalan que este musical envía dous mensaxes educativos cos que eles coinciden: a amizade e o respecto a natureza.

“Cenicienta y el zapatito de cristal” é unha adaptación musical do famoso conto de Charles Perrault, acompañado dunha música para que cante e baile toda a familia. É o conto de fadas máis famoso da historia. Cenicienta era unha moza moi fermosa e moi boa. A súa cruel madrasta e as súas dúas irmanastras obrigábana a ocuparse dos labores máis duros da casa e tratábana como a última das criadas. Pero un día, un aposto Príncipe organizou un gran baile para elixir á súa princesa… Unha posta en escena que trasladará aos nenos ao conto de Cenicienta, co príncipe, a fada e todos os personaxes desta historia tan entrañable.