VIALIA
CAMELIAS NADAL

Música, deporte, actividades familiares e visitas patrimoniais completan a programación do Vigo Sea Fest

O Vigo SeaFest acaba de anunciar a súa programación. O festival aumenta a oferta con seis escenarios para as actuacións musicais, obradoiros familiares relacionados co mar, a práctica de deportes acuáticos e visitas ao patrimonio naval e pesqueiro da cidade. Unha programación non-stop do 5 ao 8 de xullo coa que se quere reivindicar a relación de Vigo co mar.

Imaxe dun dos concertos do Vigo Seafest 2017

A segunda edición do Vigo Seafest vén pisando forte. Tras un primeiro certame que reuniu a milleiros de persoas no entorno do Náutico en 2017, este ano a organización vén apostando forte para converter o evento nun referente da gastronomía ligada ao mar a nivel europeo. A cociña de autor, baseada en produtos do mar e representada por un elenco de 18 chefs galegos será o epicentro do evento. Pero ademais haberá música, obradoiros familiares de temática náutica, deportes acuáticos e visitas ao patrimonio naval e pesqueiro da cidade.

Música
Seis escenarios para dar cabida a estilos musicais para tódolos gustos e públicos. Os concertos patrocinados por Estrella Galicia constitúen o prato forte coas actuacións de Elefantes, Morgan, Arizona Baby, Anaut, Gigi McFarlane, Maureen Choi Quartet, Mel Semé, Bakin Blues Band. Dende a organización queren dar espazo aos grupos locais, por iso o escenario principal do festival estrearase o xoves 5 de xullo coa actuación de tres grupos seleccionados no I Certame Vigo Seafest Music. A clausura correrá a cargo das mulleres. Baixo o leit motiv ‘cerramos nosotras’ actuará a artista viguesa Patricia Moon e o grupo madrileño Aurora & The Betrayers. Todos os afeccionados ou estudantes de música que desexen subir ao escenario terán a súa oportunidade no Escenario Sinvergüenzas, que en sesión de mañá e tarde acollerá concertos de rock nos que pode participar todo o mundo. As bandas emerxentes tamén terán o seu espazo no Escenario Regala Música. E no Escenario Ensamble actuará unha formación creada especificamente para o Vigo SeaFest, lidera por Lucas Fernández (Best Boy) e integrada, ademais, por Diego Pacheco, Javi Pacheco y Artu Álvarez. Realizarán sesión de improvisación e versión e invitarán a participar a músicos locais. Outra das novidades é que haberá música a bordo dos barcos que fan a ruta Vigo-Moaña-Vigo e Vigo-Cangas-Cíes-Vigo.

CAMELIAS NADAL

Actividades familiares
O festival quere chegar ao público de tódalas idades e por iso tamén ofertará gran número de actividades para realizar en familia. Destaca o obradoiro “Protejamos el mar. Plastic art”, cada familia buscará como dar saída a unha botella de plástico para, a continuación, participar nunha gran instalación artística colectiva que irá crecendo coas achegadas das diferentes familias. Tamén haberá unha ginkana, un flashmob e outras actividades nas que os pequenos terán que por a proba as súas habilidades manuais e nas que a temática central será o mundo mariño.

Deportes
Co fin de que os asistentes se podan achegar ao mar se desenvolverán actividades de bautismos de mar, de vela e de kayak. Ademais durante o festival se desenvolverán o Campionato Galego de Kayak de Mar, a exhibición de táboas a motor, un Torneo de Waterpolo, outro de Kayak Polo e un Eslalon de Motos Acuáticas.

Visitas patrimoniais
A actividade ‘Descubre, percorre e navega’ de Fundamar-Vigo Pesqueiro permitirá aos visitas do Vigo Seafest participar en visitas guiadas a empresas, buques, viveiros ou estaleiros e realizar rutas en barco para introducir ao visitante no mundo da pesca e a súa importancia dentro do territorio.