Música, artesanía e tradición na Brincadeira de Bouzas

Bouzas celebra a XII edición da súa propia Reconquista, a Brincadeira. A segunda fin de semana de maio o barrio vigués festexará a expulsión dos franceses a ritmo de gaita, mercado de artesanía, chouripán e concerto de A Roda.

Edición 2017 da Festa da Brincadeira | Asociación Cultural Vila de Bouzas

A Festa da Brincadeira de Bouzas chega a súa XVII ediciónorganizada pola Asociación Amigos da Historia de Bouzas. A festa terá lugar o 7 e 8 de maio e contará con 120 postos de comida e artesanía que estarán abertos a partir das 11 da mañá e que se complementan con representacións dos diferentes gremios tradicionais e obradoiros de cerámica e música durante as dúas xornadas.

A romaría urbana contará coa banda sonora de diferentes grupos de música tradicional, entre eles Airiños de Pontecaldelas e Son do Verdugo e o concerto de A Roda, un grupo de folk nado no barrio de Teis en  1976, recoñecidos cona Medalla de Castelao e intérpretes de grandes clásicos propios e recollidos da tradición galega, como “Pousa, pousa”, “O andar miudiño” e a “Foliada do Celta”.

A representación da expulsión dos franceses será na zona da pérgola o sábado ás 16h ao cago da Asociación Cultural Catro Ventos e o domingo ás 13h a cargo da compañía Porta Aberta.

REVISTA VERAN
The following two tabs change content below.

Paula Cermeño

Paula Cermeño é licenciada en xornalismo pola USC, pero a súa principal ocupación é viaxar. Mentres aforra para dar a volta ao mundo, traballa como redactora e xestora cultural. Gústanlle os libros, o audiovisual, o teatro e o rock and roll, por iso é doado avistala en moitos dos saraos vigueses.