VIALIA
PLAYDOC

‘Mulleres pola paz’, o certame artístico solidario de ADICAM

Este ano ADICAM, a través do seu XIII certame de arte Mulleres pola paz, quere centrar a temática na situación bélica que estamos a sufrir a nivel mundial sen olvidar sempre o obxectivo de resaltar a imaxe da muller. O prazo para a recepción dos traballos concluirá ás 13:00 horas do 27 de setembro.

A participación no concurso está aberta a todas as persoas maiores de 16 anos, sexa cal sexa a súa nacionalidade ou residencia, afeccionadas ou profesionais, que sexan autores das obras presentadas e cumpran co establecido nestas bases. Non poderán resultar premiados os autores gañadores do 1o Premio dos dous últimos anos.

O tema elixido será Mulleres pola paz. As modalidades escollidas para este XIII Certame serán todas as disciplinas coas súas correspondentes técnicas en formato bidimensional sobre un bastidor de plástico, madeira ou similar; que non se faga alusión a ningunha marca comercial, e que de ningún modo o contido da obra sexa ofensivo no máis amplo sentido.

Cada artista poderá presentar un máximo de dúas obras, que terán que ser orixinais e non premiadas noutros certames. Todas aquelas que sexan copias ou adaptacións serán descalificadas. A única limitación ás obras será a do seu tamaño que terá que ser dun máximo de 80 cm o lado máis longo. A presentación terá que ser en formato ríxido que facilite a súa exposición, imprescindible sistema de colgado.

O lugar de presentación das obras para o Certame na sede de Cangas será de luns a venres de 10 a 14 horas e os luns e martes tamén de 17 a 19 na Rúa Valentín Losada No 1 – 1o, “Casa da Bola” 36940 Cangas; ou os mércores de mañá na sede de Pontevedra na Rúa Benito Corbal 47 Planta 3o local 11 (entrada pola Rúa Javier Puig Llamas) e na sede de Vigo os xoves de 10 a 13 na Oficina Municipal de Distrito Casco Vello na Rúa Oliva,12.

O xurado estará formado pola presidenta Loreto Blanco Salgueiro, profesora de Belas Artes na Universidade Vigo; os vogais Fina Graña Fernández, Henrique Prado (escultor) e Sheela Tatoo; a secretaria do xurado Luz Beloso, Licenciada en Belas Artes e Profesora de Educación Plástica e Audiovisual. Os membros do Xurado reuniranse a última semana de outubro para deliberar e adxudicar o primeiro, segundo e terceiro premio. O fallo do Xurado darase a coñecer o venres 8 de novembro de 2024 ás 19.00 no local de Adicam, en Valentín Losada No 1, 1o (Casa da Bola) durante a inauguración da exposición “Mulleres pola paz”. O fallo do Xurado será inapelable, e o feito de participar no concurso supón a plena aceptación destas bases.

O primeiro premio do XIII Certame de Arte ADICAM “Mulleres pola Paz” está dotado cun Diploma de Honra, estatuíña gravada do escultor Henrique Prado e a cantidade de 300 euros; o segundo e terceiro recibirán o diploma e 200 e 100 euros, respectivamente.

REVISTA ABRIL

ADICAM é unha Asociación de persoas afectadas de cancro de mama e xinecolóxico que xorde en Cangas no ano 2001 e conta cun total de 1875 socios e socias no ano 2022. ADICAM está formado por unha amálgama de persoas afectadas de cancro de mama, cancro xinecolóxico e afectadas de outro proceso oncolóxico, familiares, profesionais e colaboradores que se solidarizan cá causa. Centrándonos de novo no labor da asociación e remontándonos os inicios, ADICAM nace coa finalidade de fomentar o desenvolvemento do apoio social e a axuda mutua, para conseguir que as mulleres teñan unha mellor calidade de vida e benestar.

Na actualidade para poder levar a cabo todas as nosas actividades e o traballo da asociación contamos cun amplío equipo de profesionais (ver organigrama).