CAMELIAS MASCOTAS

Montaña, aventura e cine no Banff Festival

Chega por primeira vez a Galicia grazas ao Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia o Banff Mountain Film Festival World Tour , un dos festivais de cine de montaña e aventura máis prestixioso do mundo, procedente de Canadá. As nove proxeccións terán lugar no Auditorio do Teatro Afundación o 4 de maio ás 19:00, cun prezo de 4€.

O Banff Festival acostuma ter moito éxito nas diferentes paradas da súa xira

O Banff Mountain Filme Festival, é un festival internacional, competitivo, de cinema de montaña, aventura e deporte extremo. Desenvólvese todos os anos no Banff Centre de Alberta, Canadá, a primeiros de novembro.

Nacido en 1976, consolidouse como un dos festivais máis importantes dentro da cultura do montañismo, sendo tamén un dos co-fundadores da Alianza Internacional de Cinema de Montaña. Ao longo destas tres décadas, o Festival converteuse nun referente global para montañeiros, fotógrafos, escritores, atletas e cineastas.

Unha das principais características deste festival é que, unha vez finalizado, percorre o mundo no chamado Banff Mountain Filme Festival World Tour. Actualmente realízanse ao redor de 1.100 proxeccións en 550 localidades de 45 países, cunha audiencia que supera os 550.000 espectadores. En 2016 chegou por primeira vez a España e Huesca é a súa sede central.

Este 4 de maio chegará por primeira a Galicia cun total de nove proxeccións que poderemos ver no Auditorio do Teatro Afundación por 4€ grazas ao Club Peña Trevinca Montañeiros de Galicia. As obras, divididas en dous bloques, teñen unha duración que vai desde un par de minutos ata media hora. Na primeira parte parte proxectaranse Rogue Elements – Corbet’s Couloir, Boy Nomad, For the Love of Mary e Safety Third, mentres que na segunda veremos Choices, Viacruxis, RJ Ripper, Far Out – Kai Jones e Reel Rock 12 Break on Through.

OS FILMES:

Rogue Elements – Corbet’s Couloir – 2017, USA, 4 min.

Calquera que teña esquiado ou practicado snowboard en Jackson Hole sabe o complicado que pode ser o corredor de Corbet, aínda nas mellores condicións. Facelo con xeo e con bicicletas de montaña é unha tolería.

Boy Nomad – 2018, Canadá, 21 min.

Janibek, de 9 anos, vive xunto a súa familia nas montañas Altai de Mongolia. A súa gran paixón son as carreiras de cabalos, pero este invierno, seu pai o levará na viaxe máis difícil da vida dun nómada: a migración de inverno.

For the Love of Mary – 2018, USA, 6 min.

Cando un corredor de 97 anos, George Etzweiler, viste os seus vellos pantalóns verde de carreira, non só corre ata o cumio do monte Washington, leva algo máis especial con el: o recordo da súa difunta esposa de 68 anos.

Safety Third -2017, USA, 29 min.

Brad Gobright vai máis aló, escalando con proteccións precarias, inimaxinables “solos”… Vemos como se recupera dunha dura caída e intenta un dos ascensos máis duros da súa carreira.

Choices – 2019, USA, 2 min.

Un ciclista de montaña ten un increíble menú de atraccións para escoller, pero cal escollerá?

Viacruxis – 2018, España, 11 min.

Marcel y Andrezj son unha lendaria parella de montañeiros que teñen logrado as maiores proezas pese aos seus temperamentos tan diferentes. Agora enfrontaranse ao reto máis complicado e a convivencia será cada vez máis complicada.

RJ Ripper – 2018, USA, 19 min.

As caóticas rúas de Katmandú pode que non sexan o caldo de cultivo ideal para producir ciclistas de montaña de alto nivel, pero nada é típico en Rajesh Magar, o chatarreiro.

Far Out – Kai Jones – 2018, USA, 15 min.

REVISTA NOVEMBRO

Kai Jones, de once anos, non ten a idade suficiente para ir só ao cine ou para pedir un bocadillo nun pub, pero na montaña a idade non importa. El está seguindo os pasos da súa familia no esquí.

Reel Rock 12 Break on Through – 2016, USA, 26 min.

Margo Hayes, unha moza de 19 anos, quere facer historia e ser a primeira muller en escalar dúas das vías máis difíciles do mundo.

(GMT+01:00) Auditorio Teatro Afundación