CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Misturas, a nova experiencia Inmersiva da Fundación Igualarte

Este xoves a Fundación IgualArte presentou na Sede do RC Celta un novo espectáculo: Misturas. Unha experiencia inmersiva que se pode vivir en primeira persoa o xoves 22 e o venres 23 na propia sede de Príncipe e o sábado 24 no Museo Marco.

CAMELIAS NADAL

A Fundación Igualarte ten claro que “a arte é un dereito que nos pertence a todos” e por iso desde o ano 2002 loitan por ser un espazo no que as persoas con diversidade funcional poidan expresarse. Desde esta asociación con sede en Vigo non deixan de producir propostas artísticas para o desfrute de toda a cidadanía. A última creación de Igularte é Misturas, un espectáculo levado a cabo polo grupo musical De Tapas en colaboración co artista Santi Iglesias e co apoio da Xunta de Galicia.

Esta experiencia inmersiva fusiona arte, tecnoloxía, diversidade e narrativa para desafíar os nosos sentidos. Luces e sons suxestivos acompañan as proxeccións visuais que transforman as pantallas. A imaxe cambia constantemente, paisaxes, escenarios, persoas e obxetos mestúranse co son, creando harmonía entre o que se ve e o que se escoita. O espectáculo vén acompañado dunha pequena exposición que mestura imaxe e palabra, na que se poden ler anacos escritos polos creadores deste proxecto.

Todas aquelas persoas interesadas en vivir a experiencia de Misturas teñen tres oportunidades: o xoves 22 e o venres 23 ás 20:00 h no Salón Rexio da sede do RC Celta e o sábado 24 no auditorio do Museo Marco as 19:30 h. Ao ser unha experiencia inmersiva contan cun número de prazas moi reducido. As entradas teñen un prezo de 12,00 € e deben reservarse telefónicamente no número 886 13 20 56.