REVISTA ABRIL

Mikel Erentxun súmase ao Festival Terraceo e Carlos Sadness engade outra data

O cantautor vasco volve á terraza do Auditorio Mar de Vigo o 6 de agosto, despois do seu concerto neste mesmo lugar o ano pasado. Ademais, Carlos Sadness repetirá o 16 de agosto, debido á velocidade á que as entradas se esgotaron para o día anterior.

Mikel Erentxun nun concerto | Eva Zeta

O Festival Terraceo do Mar de Vigo non deixa de aumentar o seu cartel. Neste caso será o cantautor vasco de orixe venezolana Mikel Erentxun, o xoves 6 de agosto ás 20:30. Curiosamente, o verán pasado realizáronse unha serie de concertos na terraza do auditorio nos que participaron Pedro Guerra, Uxía, Mi Capitán e el mesmo, o que supuxo o xerme do actual Terraceo.

Lembrar que Uxía tamén voltará este ano o 8 de agosto, acompañada por Javier Ruibal e António Zambujo. Por último, o barcelonés Carlos Sadness, membro do sello local Esmerarte, repetirá actuación o 16 de agosto ás 20:00, xa que as entradas para sábado 15 voaron nun abrir e pechar de ollos. Estará presentando o seu último traballo Tropical Jesus, acompañado polo seu sempiterno ukelele.

As entradas sairán hoxe ás 14:00 en Ataquilla, como ata agora, con prezos entre 20 e 30€.

REVISTA ABRIL

Así quedaría a programación:

Xullo:

  • Venres 17: Pablo López
  • Domingo 19: Amaral
  • Venres 24: Ariel Rot e Federico Lechner
  • Sábado 25: Noites de retranca
  • Xoves 30: Coque Malla
  • Venres 31: Álex Ubago 

Agosto:

  • Sábado 1: Santi Balmes, Julián Saldarriaga e Dani Ferrer
  • Domingo 2: Don Patricio
  • Mércores 5: JJ Vaquero
  • Xoves 6: Mikel Erentxun
  • Venres 7: Alejo Stivel e Amaro Ferreiro
  • Sábado 8: Uxía, Antonio Zambujo e Javier Ruibal
  • Domingo 9: Moncho Borrajo
  • Xoves 13: David Suárez
  • Venres 14: Kiko Veneno
  • Sábado 15: Carlos Sadness
  • Domingo 16: Carlos Sadness
  • Sábado 22: Marlango
  • Xoves 27: Recycled J e Kimberly
  • Venres 28: Miss Cafeína
  • Sábado 29: Rodrigo Cuevas