CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

#MeGustaVigo, unha ruta “polo Vigo máis auténtico”

Volve #MeGustaVigo, unha guía desplegable con mapa incluído na que atoparás as distintas propostas gastronómicas, comerciais e culturais da nosa cidade. As novas 5000 copias, en castelán e inglés, estarán repartidas polos distintos locais, así como nas oficinas de turismo do Concello e da Xunta. 

CAMELIAS NADAL

Tras unha primeira edición en decembro de 2017 que se esgotou ás poucas semanas, volve #MeGustaVigo, a guía turística, tanto para visitantes como para residentes, creada pola marca viguesa Ultramarinos Deseño Galego. Debido a que agosto é o mes con máis presenza de turistas na nosa cidade, esta segunda reedición chega no momento xusto.

O folleto propón unha ruta por toda a zona do Casco Vello, visitando os seus diferentes comercios, cafeterías, tendas de moda e restaurantes. O deseño, moi estético e moderno, resalta a vertente vangardista e renovadora do barrio. Poderemos atopar este rueiro nos distintos locais da zona, e será totalmente de balde.

Neste roteiro atoparemos decenas de locais de todo tipo como Vaidhé (un dos principais impulsores do proxecto), La Colegiala, La Central, A Mina, A Mordiscos, Sémola, Black Flamingo, Matina, Vitruvia, La Consentida, Libros para soñar, Sr. Nilsson, Baiuca ou Niño Corvo. Gastronomía, moda, decoración e cafés nunha soa guía. Unha fantástica idea, tanto para os de fóra como para os locais, cun acabado sobresaínte.