REVISTA ABRIL

Mar de Ons volve a pór en marcha o Barco de Nadal a partir de decembro

Por segundo ano consecutivo a naviera Mar de Ons ofrece viaxes diarios no Barco de Nadal a partir do 3 de decembro. Os viaxeiros gozarán dun viño quente de benvida, pastas, música e luces de Nadal. Ademais Papa Noel, o Paxe Real e o Grinch forman parte da tripulación.

REVISTA ABRIL

O Barco do Nadal arribará no porto de Vigo o sábado 3 de decembro. A bordo, os pasaxeiros atoparanse cunha embarcación totalmente decorada con motivos do Nadal, máis de 15 árbores no seu interior, música e bar a bordo, ademais de contar coa presenza de Papá Noel ata o 25 de decembro e o Paxe Real que tomará a súa substitución ata o día de Reis, a navieira destaca este ano como novidade a participación do Grinch como peche para esta segunda edición.

O servizo desenvolverase practicamente a diario ata o 8 de xaneiro con saídas ás oito da tarde. Durante a travesía polo interior da ría de Vigo, dunha hora e media de duración, os interesados poderán gozar dun delicioso viño quente de benvida, pastas do Nadal, a mellor música do Nadal da man dun DJ e servizo de bar a bordo. Os billetes para poder gozar deste paseo marítimo pola ría de Vigo xa están á venda na páxina web da navieira www.mardeons.com O prezo deste roteiro marítimo do Nadal é de 15 € para os adultos (maiores de 12 anos) e de 8 € para os menores de entre 3 e 12 anos, os menores de 3 anos viaxan gratis.

Como vén sendo habitual Navieira Mar de Ons tamén ofrece viaxes ao Parque Nacional das Illas Cíes durante estas datas. A navieira organiza excursións con guías autorizados durante todo o ano en fins de semana e festivos ou pontes, e durante o período de nadal amplía a tempada de viaxes para que quen o desexe poida gozar de percorrer e coñecer un dos
destinos máis importantes da nosa comunidade autónoma. Incluíndo así viaxes especiais para despedir o ano e dar a benvida ao novo e sorprender aos turistas que descobren o Parque Nacional nesta época do ano.