REVISTA ABRIL

Mar de Frades: Paraíso inconquistable

A bodega de Mar de Frades sitúase ao pé do viñedo Finca Valiñas, nunha ladeira da montaña que leva o mesmo nome en pleno corazón do Val do Salnés, perante a Ría de Arousa, que tempera a brisa atlántica que acariña este lugar máxico. Mar de Frades emerxe no medio desta paraxe, coa súa esvelta figura agrisada de granito e cobre, minerais puídos polos rigores do clima atlántico. Queres coñecer máis sobre este lugar e os seus viños? Desde a bodega ofrécense as seguintes visitas:

 Mar de Frades. Percorrido co estilo máis xenuíno da casa, con visita ao viñedo e á bodega, ademais da cata dos tres albariños que aquí se producen.

Inconquistable. Visita ao viñedo e á bodega e cata con maridaxe de petiscos elaborados expresamente para os caldos a probar. A degustación ten lugar nun dos espazos máis especiais da adega: unha terraza que mira á Ría de Arousa.

Feito de Atlántico. Ruta en lancha pola ría arousá para descubrir a natureza dos viños Mar de Frades, co aliciente dun pícnic a bordo.

Reserva a túa visita en: mardefrades.es, no enderezo electrónico info.mardefrades@zamoracompany.com, ou no teléfono 986 68 09 11.

[ Podes gozar desta reportaxe en papel na revista A Movida de febreiro do 2020. Faite con ela de forma gratuíta nos nosos puntos de distribución ou comeza a recibila na túa casa facéndote #AMOVIDALOVER ]