REVISTA NOVEMBRO

Máis de 30 artistas e 15 espazos no Super Bock Under Fest

Os días 22, 23 e 24 de novembro terá lugar en Vigo a 2ª edición do festival Super Bock Under Fest. Tralo éxito do ano pasado no que se esgotaron todos os abonos dispoñibles, volve un festival distinto, de calidade e que de novo abarcará variadas propostas musicais. Os artistas Peaches e Eli “Paperboy” Reed figuran entre os cabezas de cartel. (Foto destacada: A. Cenna)

Achégase un dos festivais do ano, que ademais ten a particularidade de non ser nada ususal: celébrase en outono, cun elenco de artistas (galegos, nacionais e internacionais) do máis variado e diferentes localizacións pola cidade. Falamos do Super Bock Under Fest, que celebra a súa segunda edición os días 22, 23 e 24 de novembro con máis de 30 bandas e 15 localizacións. Ademais, o ecléctico cartel está en continua expansión, polo que non sería de extrañar que de aquí á semana que vén houbese algunha sorpresa máis.

A primeira edición deste festival celebrouse o pasado marzo de 2018, con Benjamin Clementine como cabeza de cartel, onde se esgotaron todos os abonos dispoñibles conseguindo así un éxito sen precedentes en festivais deste formato realizados ata o momento en Galicia. Desde a organización comentan que os abonos desta edición, que podes conseguir aquí desde 25€, van camiño de esgotarse, o que demostra a boa acollida deste evento entre a cidadanía.

Algúns dos recintos onde terán lugar os concertos serán a Biblioteca da EMAO, La Casa de Arriba, La Fábrica de Chocolate, La Iguana Club, Mondo Club, Mogambo Club, Museo MARCO, Sala Kominsky, Reserva Rock e o Teatro Salesianos. Tamén haberá programación complementaria gratuíta que se dará a coñecer máis adiante, como por exemplo o concerto de Indy Tumbita & The Voodoo Bandits no atrio do cine Fraga. Podes ver que artistas tocan en cada local na seguinte ligazón.

O reparto por días queda da seguinte maneira:

VENRES 22:
Villagers // Gruff Rhys // Helado Negro // Ana Curra // Enric Montefusco // IVY //
Whales // Side Chick // The Lelli Kelly’s // Family Folks

SÁBADO 23:
Peaches // Eli ‘’Paperboy’’ Reed // The Soft Moon // Vancouver Sleep Clinic // Jordan
Mackampa // Pional // Everyone you know // Noiserv // The New Death Cult //
Ortiga // The Zephyr Bones // Juan Wauters // Bed Legs // Aaron Rux // Indy Tumbita
& The Voodo Bandits

DOMINGO 24:
Holygram // Derby Motoreta’s Burrito Kachimba // Eliza Neals & The Narcotics

(GMT+01:00)