CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Máis de 3 millóns de persoas pasaron pola árbore este Nadal

O Concello desvelou esta mañá algúns datos do balance deste Nadal, que aumentan significativamente respecto ao ano pasado e sitúan o período como o principal reclamo turístico de Vigo. A cidade beneficiouse dun 82% de ocupación hoteleira entre o 23 de novembro e o 12 de xaneiro, datas do acendido e apagado do alumeado natalicio, cun pico de 750.000 visitantes durante a fin de semana do 27 de decembro.

CAMELIAS NADAL
Tony Lomba e Eladio Santos durante o acto de apagado do alumeado o domingo 12 | Foto: Pablo Vázquez

Sen dúbida a atracción estrela do Nadala vigués foi a árbore xigante situada na Porta do Sol, pola que pasaron máis de tres millóns de vigueses e turistas durante as sete semanas que estivo instada. Séguelle en número de visitantes a noria á cal subiron un total de 152.000 persoas, o 10% utilizando a Pass Vigo, a roda xigante facturou algo máis de 700.000 € nos 47 días que estivo aberta. O Belén foi visitado por 101.000 persoas, 40.000 máis que o ano pasado. Ademáis, preto de 30.000 persoas escolleron o Nadal Bus e o Nadal Tren como medios de transporte para percorrer o alumeado.

Os grandes beneficiados do alumeado natalicio foron os hosteleiros docentro da cidade Os períodos con maior concentración de visitantes foron a fin de semana do 27 de decembro, que concentrou a uns 750.000 foráneos atraídos pola decoración da cidade , e a ponte da Constitución, durante a cal unhas 700.000 persoas se achegaron a cidade para desfrutar do alumeado e as diferentes actividades . Os eventos con maior afluencia foron a Calbagata de Reis, cun público de 200.000 persoas, e o acto de acendido do alumeado, que reuniu a más de 170.000.

Aínda á espera do informe encargado polo Concello para cuantificar retorno económico e de visibilización que a campaña de Nadal tivo na cidade, Caballero aventurou que só a primeira fin de semana os beneficios para os hosteleros xa triplicaban a inversión feita, da cal se descoñece a cifra exacta.