CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Macbeth pon o punto final ao Outono Lírico

Tras o éxito de El Holandes Errante, a asociación Amigos de la Ópera continúan o seu 60º Aniversario traendo este domingo 4 de novembro ás 19:30 o clásico Macbeth de Giuseppe Verdi ao Teatro García Barbón. 

Cartel de Macbeth, de Verdi

O Outono Lírico segue medrando ano tras ano, ofrecendo unha programación ambiciosa e de prestixio internacional. O primeiro dos espectáculos foi El Holandés Errante, de Richard Wagner, que tivo lugar o pasado 29 de setembro. Este domingo é o turno do Macbeth de G. Verdi, ou Macbetto, xa que a obra representada está traducida do italiano. “Houbo actores ingleses que se negaban a dicir Macbetto. A min tampouco me gusta moito, pero é o que hai”, comentaba hoxe na rolda de prensa José Antonio López, cantante que interpretará á mítica personaxe shakesperiana.

O resto do elenco estará formado por Maribel Ortega, Felipe Bou, Eduardo Sandoval, Pablo Carballido, Marina Penas e Pedro Martínez-Tapia, sendo estes tres últimos galegos. Un grupo de actores de luxo para esta adaptación de Verdi do clásico de William Shakespeare, que conseguiu condensar e reducir toda a acción e as personaxes en menos de dúas horas.

CAMELIAS NADAL

O espectáculo deste domingo terá un son do máis vigués, xa que a orquestra encargada da banda sonora será a Sinfónica Vigo 430, dirixida por Diego García Rodríguez, acompañada polo Coro Rías Baixas, dirixido por Bruno Díaz. O encargado da dirección de escena será Ignacio García. Podes conseguir unha das poucas entradas que quedan pinchando aquí.

A acción transcorre en Escocia. Macbeth e Banquo, vitoriosos xenerais do rei Duncan sobre os rebeldes, atopan unhas bruxas que vaticinan que Macbeth será rei de Escocia e que os fillos de Banquo reinarán. A profecía faise realidade e a partir de aí comezan a sucederse as mortes e as traizóns.

Ademais deste evento, haberá un ciclo de conferencias relacionadas con esta obra con invitados de renome:  A Propósito de Macbeth, con José Luis Téllez, o 2 de novembro e La vida y arte de Hans Hotter: una flecha en el tiempo, con Victoria Stapells e Arturo Reverter, o 6 de novembro.

(GMT+01:00) Teatro Afundación